As Bibliotecas Municipais da Coruña comezan a prestar xogos de mesa

Comezan a impartirse as sesións informativas que concluirán co inicio de préstamo a partir do 21 de decembro

Presentación de xogos de mesa nas bibliotecas municipais
00:00

Inés Rey anuncia o inicio do préstamo de xogos de mesa

Redacción COPE Coruña

Coruña - Publicado el

3 min lectura

O Concello da Coruña dá un novo paso na dinamización da Rede de Bibliotecas Municipais coa posta en marcha dun servizo de préstamos de xogos de mesa. A alcaldesa, Inés Rey, presentou ese luns o plan de xogos acompañada do concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, e da directora da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña, Isabel Blanco, e a directora da Biblioteca do Centro Sociocultural Ágora, Cristina Ameijeiras.

O plan comeza esta semana a súa primeira fase en catro bibliotecas: Ágora, Durán Loriga, Fórum Metropolitano e Os Rosales. Rey sinalou que esta é a fase inicial e que “o obxectivo é expandilo a toda a rede de bibliotecas no futuro”.

O novo plan de xogos ten como obxectivo ampliar a oferta para as persoas usuarias das bibliotecas municipais ao tempo que atraer novas, especialmente mozos e mozas. Nese sentido, a alcaldesa destacou que a iniciativa súmase á posta en marcha no pasado mandato da plataforma eFilm, para visionar contido audiovisual de xeito gratuíto. “Os xogos de mesa son moito máis que un simple entretemento; representan un recurso cultural e social comparable aos libros e ao cinema” explicou a alcaldesa.

Implantación por fases

A implementación deste servizo dividirase en dúas fases: a Fase I, que se desenvolverá durante os meses de novembro e decembro, incluirá sesións de presentación e actividades de xogo en sala. Cada biblioteca contará cunha colección inicial de 123 xogos de mesa, dos cales 41 estarán dispoñibles para consulta e o seu uso no local. Esta selección abrangue xogos para todos os públicos: dende xogos familiares como ‘Parchís’ e ‘Ubongo!’, infantís como ‘Times Up!’ e ‘El Frutal’, ata xogos para mocidade e persoas adultas como ‘Azul’, ‘Catan’, ‘Wingspan’ e ‘Fiesta de los Muertos’.

Presentación do novo servizo

Andy Perez

Presentación do novo servizo

As presentacións serán realizadas por monitores especializados de Metrópolis Cómics e estarán abertas a un máximo de 16 participantes por sesión, con inscrición previa a través da web das bibliotecas.

servizo de préstamo en decembro

Ademais, habilitaranse días de xogo libre nos que non será necesaria a inscrición e que permitirá que calquera persoa interesada poida participar e gozar deste novo servizo en compañía. O 21 de decembro comezará o servizo de préstamo de xogos que lle permitirá a cada persoa socia levar un xogo por carné. A oferta inicial incluirá xogos de estratexia, cooperativos, de lóxica e moitos outros, garantindo opcións para todos os gustos.

A Fase II iniciarase en xaneiro e incluirá un día fixo á semana en cada biblioteca para as sesións de xogo libre, ademais de novas actividades gratuítas programadas regularmente para consolidar a oferta. Os días de xogo libre serán o venres nas Bibliotecas Municipais do Ágora, Durán Loriga e Fórum, das 17.00 ás 20.00 horas; e os sábados na dos Rosales, das 10.30 ás 13.30 horas.

A iniciativa responde ás tendencias internacionais defendidas pola Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecas e Institucións (IFLA), que destacan a importancia de crear espazos alternativos para desconectar do estrés e redescubrir o valor dos espazos compartidos, fomentando a participación e interacción social.

CALENDARIO FASE I - POR BIBLIOTECAS

Biblioteca Ágora

- Presentacións: Os luns 11, 18 e 25 de novembro; 2 e 9 de decembro ás 18.00 h.

- Xogo libre: 15, 22 e 29 de novembro; 5, 13 e 20 de decembro de 17.00 a 20.00 h.

Biblioteca Durán Loriga

- Presentacións: 12 e 26 de novembro; 4, 10 e 20 de decembro ás 18.00 h.

- Xogo libre: 15, 22 e 29 de novembro; 13 e 27 de decembro de 17.00 a 20.00 h.

Biblioteca Fórum Metropolitano

- Presentacións: 15, 22 e 29 de novembro; 5 e 13 de decembro ás 18.00 h.

- Xogo libre: 20 e 26 de novembro; 3, 10 e 18 de decembro de 17.00 a 20.00 h.

Biblioteca Rosales

- Presentacións: Os sábados 23 e 30 de novembro; 14 de decembro ás 11.00 h.

- Xogo libre: 25 de novembro, 2 e 16 de decembro de 17.00 a 20.00 h.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE A CORUÑA

COPE A CORUÑA

En Directo COPE MÁS A CORUÑA

COPE MÁS A CORUÑA

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 21 NOV 2024 | BOLETÍN