Comezan as obras de reurbanización da Avenida da Sardiñeira (A Coruña)

Os traballos durarán máis dun ano e serán clave para dotar de mellores accesos á futura estación intermodal

ctv-muk-sardieira

Redacción COPE Coruña

Coruña - Publicado el

3 min lectura

O Concello da Coruña dará inicio o vindeiro luns, 22 de xullo, ás obras de reurbanización da avenida da Sardiñeira, que contan cun orzamento de 1,3 millóns de euros. Os traballos, financiados con fondos Next Generation, permitirán mellorar de maneira integral unha vía que será clave no desenvolvemento e nas conexións da futura estación intermodal, cuxas obras se desenvolverán de maneira paralela.

O Goberno de Inés Rey, con esta actuación, afonda no seu compromiso de mellora e modernización dos diferentes barrios da cidade, creando espazos públicos de calidade para as persoas e aportando solucións aos desenvolvementos urbanos do futuro. A propia alcaldesa, xunto coas persoas responsables da actuación, informou aos veciños e veciñas dos detalles dos traballos, que durarán 14 meses.

A reurbanización permitirá ampliar e mellorar as beirarrúas de ambas marxes e crear un novo carril bici bidireccional ma marxe esquerda da avenida, a que está máis próxima aos edificios. A avenida pasará a ser dun único sentido cara a rolda de Outeiro desde a rúa Europa. A actuación non levará aparellados cambios no percorrido da liña 11 do transporte público, que manterá as súas paradas.

A actuación que se levará a cabo na avenida da Sardiñeira ten en conta os futuros accesos á estación intermodal e a glorieta que conectará o futuro viario que conecte a Sardiñeira coa avenida de Arteixo. O conxunto dos traballos desenvolveranse entre a rolda de Outeiro e esa futura glorieta. Os aparcadoiros da marxe dereita, a que está máis próxima aos terreos da estación, pasarán a ser en batería, agás no último tramo, onde haberá un espazo reservado para o autobús fronte a Correos e varias prazas de aparcadoiro en liña. Tamén haberá prazas en liña fronte ao edificio Aliko.

En canto ás zonas verdes, a actuación prevé conservar e ampliar o arboredo existentes, creando novas zonas verdes na súa contorna e nos novos espazos da avenida. Tamén se instalará novo mobiliario urbano e se renovará a rede de ´saneamentoe o sistema de iluminación do conxunto da avenida, adaptándoos á nova configuración.

Desenvolvemento dos traballos

Tal e como informou a alcaldesa aos veciños e veciñas, os traballos de reurbanización da avenida da Sardiñeira levaranse a cabo en dúas fases. A primeira desenvolverase pola marxe esquerda da avenida, a que se atopa máis próxima aos edificios, que comezará o vindeiro luns 22 de xullo. Deste xeito, os traballos irán avanzando desde o cruce coa rúa San Rosendo ata o edificio Aliko. O obxectivo é que esta obra poida convivir no tempo coa que se leva a cabo na estación intermodal.

Nesta primeira fase manterase aberto o tráfico de entrada á avenida desde a rolda de Outeiro ata a rúa San Rosendo. Está previsto que esta fase dure entre tres e catro meses.

Na segunda fase a principal novidade será que o acceso á avenida desde a rolda de Outeiro estará pechado, quedando a avenida coa súa configuración definitiva, nun único sentido entre a rúa Europa e a rolda de Outeiro.

A actuación continuará no seu conxunto e os accesos aos garaxes e vados poderá facerse no sentido de circulación que permanecerá aberto. O tránsito peonil estará garantido durante todo o tempo que duren os traballos.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE A CORUÑA

COPE A CORUÑA

En Directo COPE MÁS A CORUÑA

COPE MÁS A CORUÑA

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN