A Deputación inviste 300.000 euros para apoiar a ASPERGA na compra do seu novo local na cidade da Coruña

O local, de 350 metros cadrados, está ubicado na avenida de Oza e adápatse ás necesidades da entidade para prestar servizos e atención aos seus máis de 500 socios

Deputación da Coruña

Firma do convenio entre a Deputación da Coruña e ASPERGA

Redacción COPE Coruña

Coruña - Publicado el

2 min lectura

      
      
             
      

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a sú homóloga de ASPERGA, Rita Concepción González Fernández, e a deputada de Política Social, Mar García Vidal, asinaron esta mañá o convenio de colaboración polo que a institución provincial financiará con 300.000 euros a compra da nova sede da entidade na cidade herculina, un local de 350 metros cadrados situado na avenida de Oza, 240, que se destinará a ofrecer servizos sociosanitarios a persoas con autismo con grao de apoio 1 e 2 e ás súas familias.

A achega provincial representa o 80% do prezo total do inmoble, que ascende a 375.000 €. O 20% restante é achegado pola entidade.

Esta colaboración económica da Deputación chega despois da visita do presidente á entidade durante os últimos meses na que, entre outras cuestións, trasladaron a necesidade de dotarse dun novo local.

“ASPERGA é unha entidade que dende hai case dúas décadas presta un servizo enorme á sociedade e tiña un problema de carencia de espazo na sede que tiñan alquilada no polígono de Agrela. Con esta axuda queremos apoiar o importante labor que desenvolven cunha sede acorde ás súas necesidades”, afirmou Formoso, que destacou “o apoio fundamental” que a entidade presta ás persoas con TEA e ás súas familias.

apoio á atención e detección do tea

ASPERGA naceu en 2006 e a súa actividade está baseada en crear e organizar de diagnóstico e detección temperá de TEA; na atención especializada sanitaria e social; na terapia psicolóxica individual e en grupo; na pedagoxía, logopedia e terapia ocupacional; na formación para docentes e profesionais; e na orientación socio laboral para o emprego.

Actualmente, a entidade conta con arredor de 500 socios e socias aos que se prestan servizos especializados nos centros da Coruña e Santiago de Compostela a través da facilitación da inclusión social, a promoción da práctica do deporte ou a realización de terapias psicolóxicas, logopédicas, de terapia ocupacional e valoracións específicas en TEA. Actualmente, é o único centro da provincia especializado en persoas con autismo de grao tipo 1 e 2, sen discapacidade intelectual nin deterioración da linguaxe.

      
             
      

Segundo os datos das entidades, en Galicia viven máis de 27.000 persoas diagnosticadas con Trastornos do Espectro Autista. A Deputación colabora coas entidades de persoas con TEA financiando múltiples programas de inclusión e fomento da autonomía persoal e melloras nas súas instalacións.

Temas relacionados