dia das bibliotecas

O máis demandado na Biblioteca Provincial da Coruña non é unha novela: "Con moitísima diferencia..."

O aluguer do libro electrónico gaña cada vez máis adeptos aínda que "non vai retirar" o de papel

Eva Iglesias

Coruña - Publicado el

2 min lectura

      
      
             
      

Este 24 de outubro celébrase o día das Bibliotecas. Este ano baixo o lema "Por un futuro sostible". Na biblioteca provincial da Deputación da Coruña, ubicada nos baixos do teatro Rosalía de Castro en A Coruña, están pasando o día segundo a súa directora, Carmen Ferreiro, con "normalidade, con momentos dun pouquiño de estrés e con algunha actividade extra". 

Carmen asegura que tra-lo parón pola pandemia, a biblioteca está retomando "todo outra vez". Recoñece que neses tempos houbo "moito medo" polo "reciclado de lectura de libros, o contacto con algo alleo que non sabías porque mans estivera, esas cuarentenas que pasaba o papel e todas estas historias, estamos remontando". "A xente volve outra vez, nunca deixou de vir, eh, todo hai que dicilo", engade. 

Nestes novos tempos, a directora da biblioteca provincial da Coruña asegura que o libro electrónico estálle gañando a batalla ó libro en papel aínda que sinala que "no no vai a retirar". Apunta que todavía están os "románticos que seguen falando do olor que ten o papel e logo hai xente que combina as dúas lecturas, hai xente que cando empeza quédase xa co electrónico".

E é que entre as vantaxes do alugueiro do libro dixital está a "comodidade de ter unha biblioteca aberta as vintecatro horas, que prestas, devolves, que non che gusta, non tes que vir aquí a nada". A biblioteca provincial conta cuns entre "6.000 ou 7.000" exemplares de e-book e "subindo o préstamo" deste tipo de formato.

O "curioso", segundo Carmen Ferreiro, é que sexa papel ou dixital os gustos son "similares, da igual". Entre o máis demandado en dixital está "a prensa, con moitísima diferencia, tanto a diaria coma a semanal e despois ese típico libro, esos premios Planeta e novelas premiadas".

ACTIVIDADES DIA DAS BIBLIOTECAS

Para conmemorar este día, a biblioteca engalanouse "con globos" e frases de autores. Hai programadas, ademáis, dúas visitas guiadas, de mañá e tarde, con quince prazas dispoñibles. Para asistir hai que apuntarse no correo biblioteca.info@dacoruna.gal ou chamando ao 981 080 176 e deixando un teléfono de contacto. 

      
             
      

Mañá terá lugar un obradoiro infantil entre as seis e as sete e media da tarde no vestíbulo. Neste caso tamén hai que reservar chamando ó 981 080 174, de catro a oito da tarde. Hai doce prazas dispoñibles. 

A directora da biblioteca provincial animou a todo o mundo a que neste día "se de unha volta por aquí e que se fagan socios das bibliotecas para facer un mundo máis sostible en relación coa reciclaxe". 

Temas relacionados