Unha policía local da Coruña recibe a Medalla de Ouro de Educación Viaria
Silvia Castro Rodríguez leva no corpo desde 1992 e recibe este distintivo nacional pola
súa dedicación cos máis pequenos e colectivos vulnerables
Coruña - Publicado el - Actualizado
1 min lectura
Silvia Castro Rodríguez, unha oficial da Policía Local da Coruña vén de ser condecorada coa Medalla de Ouro de Educación Viaria. A integrante do corpo policial recibiu a medalla o pasado 19 de novembro en Madrid.
A funcionaria, que leva desde 1992 no corpo, foi premiada polo seu labor nunha gala celebrada durante o Seminario Nacional sobre Educación Viaria do Global Mobility Call. Este premio está organizado por UNIJEPOL-FETEVI.
Desde o Concello da Coruña amosaron este mércores a súa satisfacción por este recoñecemento a unha das súas funcionarias. O galadón súmase a outros tantos acadados nos últimos anos pola Policía Local da Coruña.
Proxectos para os máis pequenos
Silvia Castro Rodríguez ten praza na sección de Educación Viaria desde o ano 2012, mais con anterioridade xa viña formando a colectivos vulnerables nesta materia. Ao longo destes anos desenvolveu diferentes proxectos dentro do corpo da Policía Local, orientados a distintos colectivos e idades, desde unha visión multidisciplinar, transmitindo valores cívicos de convivencia, respecto e solidariedade.
Entre algúns dos proxectos realizados por Silvia atópase o “Proxecto Ceda O Paso”: A educación viaria como vía de integración do colectivo de inmigrantes na Coruña 2012. Tamén desenvolveu actividades e unidades didácticas de educación viaria en centros educativos da Coruña. E, por último, realizou colaboracións coa Asociación Internacional de Profesionais para a Seguridade Viaria como asesora pedagóxica para proxectos de Educación Viaria, traballos como formadora en Perú, conferencias no Global Alliance en Grecia ou Intercipsevi en Madrid.
UNIJEPOL-FETEVI otorga estes galardóns honoríficos de carácter individual para recoñecer ás persoas compoñentes das distintas policías locais do país en cuxa traxectoria profesional destaque un firme compromiso coa educación viaria.