de vacas

"Hai cousas que hai que dicilas sen rodeos"

Este sábado De Vacas presentan no Pazo da Cultura de Narón o seu último espectáculo "

Ada Romero

Ferrol - Publicado el

2 min lectura

      
      
             
      

Inés Salvado, Faia Díaz e Paula Romero, coñecéronse no Coro da Rá (Santiago de Compostela), as tres eran fans das Spice Girls. Xurdíu por afinidade, logo incorporouse o guitarrista Guillerme Fernández. 

Son un trío vocal que no ano 2015 publicaron o seu primeiro videoclip, una versión do Gangnam Style de PSY, transformando totalmente a letra. Esta é o seu “modus openrandi” destripar e transformar temas comerciais con un trasfondo “gamberro”. Así versionaron grandes éxitos de Shakira, Rosalía, Luis Fonsi, etc.

Pero tamén falan de temas importantes, de feminismo e ecoloxismo, de feito, gañaron o Premio Territorio Violeta na Feira de Teatro de Ciudad Rodrigo, como recoñecemento polo traballo feminista en prol da igualdade de xénero no ano 2018.

Sempre tiveron moi claro que querían cantar en galego e aseguran que lles arrepían moitas das letras de cancións actuais, que atopan cousas terribles.

Consideran que a súa pegada pode influir na xuventude e nesta última xira, que xa as levou por escenarios de Galicia e de España, pechan os concertos cunha versión de Rihana “Quen da máis” na que claman contra a violencia machista e aseguran que nesta ocasión, pese a súa sorna, se puxeron serias. “Levamos o humor por bandeira, pero hai cousas que hai que dicilas sen rodeos”, afirman.

PROCESO DE CREACIÓN

      
             
      

Aseguran que as letras créanse dentro dun proceso consensuado, que non existen roles dentro do grupo, “todo se xera arredor dunha mesa ou nunha viaxe...en plan quen da máis”, asegura Inés.

Para a escolla das canciòns hai criterios distintos, pero normalmente fíxanse en aquelas que teñen máis pegada, que se convierten en éxitos.

Cada unha vai aportando as súas experiencias que se reflicten logo no tema, tamén coa influencia da cultura galega.

      
             
      

REBOVINA DIVAS LIVE

De Vacas chega co seu novo espectáculo ao Pazo da Cultura de Narón o 9 de novembro a partir das 20 horas.

Acompañadas dunha iluminación que non ten nada que envexarlle a París, nin a Vigo abrirán os seus diarios para confesar os seus segredos máis íntimos, rebobinando na historia da infancia cara os momentos máis luminosos. Bailan os éxitos das súas vidas versionando ás grandes divas do pop: Whitney, Celine, Mónica, Beyoncé.

      

Ás músicas e bases electrónicas súmanselle espectaculares coreografías, seguindo cunha liña de letras que non deixan monicreque con cabeza. As harmonías de voces e guitarra marcan o carácter dun grupo que explota a enerxía xuvenil ata o extremo, convidándonos a gozar dunha fantasía vintage.