Caamaño & Ameixeiras, raíz e vangarda para "Quitar o aire" na música galega

O dúo de violín e acordeón composto por Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras protagonzan un disco no que os instrumentos conversan e fusionan coa voz

00:00

Escoita toda a entrevista con Caamaño & Ameixeiras falando do seu segundo traballo "Quitar o aire"

íñigo Landa

Santiago - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

"Quitar o aire" é o título do segundo traballo publicado polo dúo galego Caamaño & Ameixeiras composto por Sabela Caamaño co acordeón cromático e Antía Ameixeiras co violín e a voz. Un traballo que se ven de presentar por todo o alto no Festival Womex que se está a celebrar estes días na Coruña e onde estas dúas novas músicas tiveron o privilexio de protagonizar unha das actuacións da cerimonia inaugural no Palacio da Ópera herculino.

Feira de onde escaparon "perdéndonos algúns concertos!" para falar no Mediodía COPE en Galicia deste traballo cuxo título contrasta co do seu primeiro traballo, "Aire", o que explican na mitoloxía popular na que "quitar o aire e sacar o mal, a desgana que se ten para o que se precisa dun ritual, e diso vai este disco".

Traballo grabado en Santiago de Compostela coa producción de Hevi, membro de Malandrómeda e a quen estas músicas novas non dubidan en cualificar como "unha das mellores cousas que nos ten pasado na música e que se implicou como nadie", polo que tampouco dubidan en asegurar que "este é un disco de tres".

E que converten así este traballo de pezas cantadas e instrumentais nunha viaxe sonora coa música de raíz de base pero explorando novos horizontes e sons, mesturando a xota, coas lembranzas da cumbia e ata ritmos beduínos, pero logrando que o violín e o acordeón falen, conversen, o que Antía e Sabela aseguran é "un bo piropo".

E que agora presentarán en directo con datas aínda por confirmar, ás que de seguro axudará a súa presencia no Womex, pero con que queren amosar que "imos a por todas", cando se lles plantexa a posibilidade de dar o salto dos pequenos escenarios "onde nos segue gustando tocar nun formato mais íntimo", a outros mais grandes e con maior aforo, como quedou patente hai uns días co concerto que ofreceron na Sala Capitol de Santiago ante mais de 600 persoas.

Y é que este "Quitar o Aire" de Caamaño & Ameixeiras ten todos os vimbios para poder protagonizar unha longa traxectoria de concertos en Galicia e quen sabe, se cicais mais alá.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE SANTIAGO

COPE SANTIAGO

Programas

Último boletín

13:00H | 24 NOV 2024 | BOLETÍN