Xunta de Galicia

O folk progresivo de Faneka e a cumbia urbana de Cosmic Wacho protagonizan esta semana os concertos de 'Atardecer no Gaiás'

O folk progresivo de Faneka e a cumbia urbana de Cosmic Wacho protagonizan esta semana os concertos de ‘Atardecer no Gaiás’

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Faneka presentará ‘Naranjas al mar’ un disco plural e luminoso que estende as súas raíces musicais desde o Mediterráneo ata Madrid, América e Galicia

O dúo arxentino–malagueño Cosmic Wacho subirá a temperatura con temas como ‘Botecito’ e a súa mestura de ritmos latinos, urbanos e psicodelia

As actuacións, con acceso libre e gratuíto, serán este xoves 8 e venres 9 de agosto ás 21 horas na Praza central da Cidade da Cultura

Os concertos desta semana de

, ciclo impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Fundación Cidade da Cultura, apostan pola fusión de estilos musicais coas actuacións da banda catalana Faneka ?o xoves 8 de agosto?, e o dúo arxentino–malagueño Cosmic Wacho, o venres día 9. Ambas citas serán ás 21,00 horas na Praza central do Gaiás, con entrada libre e de balde.Formada por Inés de Lis, Bruna González, Anika Sobrino e Alán Denis, Faneka busca a simbiose entre o folclore iberoamericano e o rock progresivo para construír paisaxes sonoras cheas de luz e maxia. No escenario de

escoitaranse os temas do seu último disco,

, no que o grupo canta sen complexos en catalán, inglés, castelán e galego ?na canción

? reflexo da diversidade das súas orixes e influencias musicais.Ao día seguinte será a quenda de Cosmic Wacho e a súa orixinal proposta de cumbia urbana, xurdida en pleno confinamento en 2020. O dúo arxentino–malagueño composto por Aless Domínguez e Franco Felici terá a encomenda de animar ao público coa súa mestura de psicodelia tropical, sintetizadores e letras cargadas de humor.

continúa todos os xoves e venres de agosto con seis propostas máis para gozar da música en directo. Os galegos Alana, ALARIDO e Santi Araújo, os madrileños Carrera Blanca e Rocío Saiz e a rapeira de orixes manchegas Bewis de la Rosa completan un cartel diverso no que teñen cabida os estilos que máis están a soar entre o público novo, como o

, o indie, o electropop e os ritmos urbanos.O ciclo inclúese na campaña

do Goberno galego, que impulsa máis de 30 actividades culturais diarias por toda Galicia, e nesta edición volve contar co apoio de Cervezas Alhambra.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados