Xunta de Galicia
María José Gómez destaca a tradición, a calidade e o apego á terra que caracterizan os viños do Ribeiro
Publicado el - Actualizado
3 min lectura
Sinalou que, en Galicia, o viño é inseparable da celebración e especialmente nun momento tan sinalado para os viticultores e adegueiras como é o da colleita da uva
Reafirmou o apoio da Xunta ao sector vitivinícola galego e ao fomento da súa calidade a través de liñas de axudas, da colaboración cos consellos reguladores e do desenvolvemento dunha estratexia sectorial específica, entre outras medidas
Salientou que os produtores, as adegas e o consello regulador do Ribeiro “sempre van ter na Xunta o seu aliado para defender os intereses dun produto que é calidade e idiosincrasia de Galicia”
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, destacou hoxe a ampla tradición, a calidade e o apego á terra que caracterizan os viños do Ribeiro. Na súa intervención, como pregoeira, na XXXIII Festa da Vendima de Leiro (Ourense), a titular de Medio Rural sinalou que “o viño é inseparable da celebración” en Galicia e especialmente “nun momento tan sinalado para os viticultores e adegueiros como é o da colleita da uva”.Nesta liña, Gómez puxo en valor que só na denominación de orixe Ribeiro (a máis antiga de Galicia) hai preto de 1.600 viticultores e máis de cen adegas. Ao tempo, animou a festexar “a moita riqueza que atesouran as súas vides”, grazas –dixo– “á combinación do saber facer dos agricultores cunha terra de extraordinaria calidade e cun clima particular”.Todo isto, engadiu, confire ao Ribeiro unhas características únicas e permite que os seus viños respondan a “unha serie de combinacións de exquisitos aromas afroitados e florais que case sempre resultan sorprendentes, ao elaborarse con variedades autóctonas tradicionais”. Precisamente, a conselleira puxo de relevo o valor de castes como Treixadura, Torrontés, Loureira, Caíño, Brancellao ou Sousón, propias desta DO e que propician que estes viños teñan unha personalidade.Ao mesmo tempo, Gómez reafirmou a aposta da Xunta polo sector vitivinícola galego e polo fomento da súa calidade. Neste sentido, lembrou as diferentes liñas de axudas para reestruturación e reconversión de viñedo, para promoción do produto ou para elaboración e comercialización de viño. Asemade, salientou que os produtores, as adegas e o consello regulador do Ribeiro “sempre van ter na Xunta o seu aliado para defender os intereses dun produto que é calidade e idiosincrasia de Galicia”.En parecidos termos, a conselleira trasladou que o Goberno galego apoia os consellos reguladores e está desenvolvendo unha estratexia sectorial que potencia todas as facetas vinculadas co viño, desde a propiamente enolóxica ata a turística, pasando pola patrimonial ou paisaxística.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando