Xunta de Galicia
Rueda subliña o papel estratéxico do sector vitivinícola na economía de Galicia
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
Pon en valor a súa contribución á xeración de emprego e fixación de poboación no rural, así como na promoción do selo Galicia Calidade
O Goberno galego reforza o seu apoio ao sector con máis de 10 M? en axudas para a reconversión de viñedos, a promoción no estranxeiro e a comercialización dos produtos
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o papel fundamental que xoga o sector vitivinícola na economía galega, tendo un carácter estratéxico ao xerar emprego, sobre todo no rural, fixando poboación con xente nova e promovendo o selo Galicia Calidade.Así o manifestou durante unha visita á bodega As Laxas, no concello pontevedrés de Arbo, no que estivo acompañado pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e na cal enxalzou a traxectoria desta “empresa familiar” como exemplo de emprendemento rural que, ao longo de catro xeracións, conseguiu combinar tradición e innovación, acadando “moito nome xa en toda Galicia”.O titular do Goberno galego subliñou a relevancia que teñen cada vez máis os viños galegos en todo o mundo, supoñendo un atractivo turístico da comunidade, un “turismo con sentidiño que é o que queremos atraer a Galicia”.Nesta liña, reafirmou o compromiso da Xunta para seguir axudando ao sector vitivinícola con “menos burocracia” e “máis facilidade para xestionar a terra”. Así, existen xa diferentes liñas de axudas, como os 4 millóns de euros destinados este ano á reconversión de viñedos e ao fomento de variedades autóctonas; os 1,7 millóns para a promoción dos viños no estranxeiro; e os 4,5 millóns dispoñibles para cubrir os custos de elaboración e comercialización dos produtos.O presidente tamén fixo referencia á excelente produción rexistrada na vendima de 2023, a máis abundante da última década, e apuntou a que este ano de novo será “moi boa”. Así, Rueda quixo recoñecer o esforzo dos máis de 10.000 viticultores galegos, dos cales máis de 1.500 pertencen á subzona do Condado do Tea onde se atopa As Laxas.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando