Xunta de Galicia

O SonRías Baixas abre a oferta musical de agosto co patrocinio da Xunta a través da marca FEST Galicia

O SonRías Baixas abre a oferta musical de agosto co patrocinio da Xunta a través da marca FEST Galicia

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O cartel está conformado por 25 bandas e artistas, que encabezan Tanxugueiras, La Oreja de Van Gogh, Rayden, Álvaro de Luna e Rozalén

A música galega tamén estará representada por Fillas de Cassandra, Mondra, Sabela, Grande Amore e The Rapants

A localidade pontevedresa de Bueu acolle desde o xoves 1 ata o sábado 3 de agosto a 21ª edición do SonRías Baixas, un dos festivais patrocinados este ano pola Xunta a través da súa marca FEST Galicia. O recinto do evento foi hoxe o escenario da presentación na que se deu conta do máis destacado do cartel deste ano, integrado por 26 bandas e artistas que encabezan Tanxugueiras, La Oreja de Van Gogh, Rayden, Rozalén e Álvaro de Luna.O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou neste acto xunto aos directores do festival, Jordi Lauren e Berta Domínguez, e os representantes doutras entidades e empresas colaboradoras. Na súa intervención, sinalou que a aposta pola calidade e pola sustentabilidade é o criterio central que define o selo FEST Galicia, creado polo Goberno galego para agrupar unha selección de festivais que se moven en parámetros de excelencia na súa produción e oferta, e que actúan así mesmo como grandes propulsores da imaxe de Galicia.O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destacou igualmente a importante presenza da música galega nos dous escenarios do SonRías Baixas. Ademais das Tanxugueiras, o público poderá gozar de Fillas de Cassandra, Mondra, Sabela, Grande Amore ou The Rapants, expoñentes da efervescencia da nosa actual escena musical.Nesta presentación, tamén se fixo fincapé noutros dos aspectos que caracterizan este festival, como o protagonismo das mulleres artistas ou a necesidade de valorar e coidar a extraordinaria contorna na que se empraza. Neste mesmo sentido, o SonRías Baixas recibiu recentemente o premio á Mellor Promoción Turística nos Iberian Festival Awards.Esta 21ª edición arranca o xoves 1 cos concertos de La Oreja de Van Gogh, Álvaro de Luna e La La Love You no escenario FEST Galicia, ademais de Morochos, Sabela, Sexy Zebras e Anabel Lee. O venres 2 é a quenda de Travis Birds, Rozalén, Chef?s Special, Cool Nenas, Gilipojazz, Fillas de Cassandra, Muerdo e La Élite. Na última xornada, a do sábado 3, forman parte do cartel Ginebras, Tanxugueiras, Rayden, Inés Hernand, Grande Amore, Marlena, Mondra, Mr. Kilombo, Emlan e The Rapants.O selo FEST Galicia creouse en 2018 para promocionar o territorio galego como destino musical baixo criterios de calidade e sustentabilidade. Ademais do SonRías Baixas, en 2024 están adheridos a esta marca o 17º Festival Ribeira Sacra, Sinsal SON Estrella Galicia, Rompetiño Jump Festival e Underfest.A través desta liña de patrocinios, búscase contribuír a crear valor engadido en festivais con características singulares e diferenciadoras, amosando ao tempo a diversidade e a pluralidade do talento musical galego e favorecendo a descentralización da oferta cultural.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados