Xunta de Galicia
Un total de 1.256 novos profesores incorpóranse ás aulas logo de aprobar as oposicións deste verán
Publicado el - Actualizado
4 min lectura
Román Rodríguez felicita aos docentes e deséxalles o mellor no seu labor: “Tedes nas vosas mans o máis valioso: a formación dos nenos e nenas, o futuro de Galicia”
Fai extensivos os parabéns ás máis de 1.000 persoas implicadas na organización das probas, que se desenvolveron con total normalidade malia o gran volume
Este novo proceso selectivo ratifica o compromiso da Xunta coa estabilidade docente e a dotación do profesorado, con máis de 18.500 prazas convocadas desde 2009
Un total de 1.256 novos docentes incorporaranse en setembro aos centros educativos galegos logo de aprobar as oposicións celebradas este verán pola Xunta de Galicia. O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a
deste proceso, así como os
das persoas que obtiveron praza de novo ingreso no sistema para o novo curso 2024–2025. O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, felicita a todos os novos docentes “pola súa incorporación ao ensino público galego logo dun proceso moi esixente, ao que tiveron que dedicar moito esforzo que agora vén recompensado”. Ao mesmo tempo, deséxalles “o mellor nesta andaina que comeza, na que teñen nas súas mans o máis valioso: a formación dos nenos e nenas e, polo tanto, do futuro de Galicia”.Igualmente, fai extensivos os parabéns a todo o persoal implicado na organización das oposicións, “que se desenvolveron sen ningunha incidencia pese á enorme loxística necesaria para a súa realización”. O proceso mobilizou máis de 20.000 opositores, ademais de 975 persoas que formaron parte dos 195 tribunais distribuídos por sedes en 15 localidades galegas, máis de 2.700 se se contan tamén os tribunais suplentes.As prazas de novo ingreso distribúense entre catro corpos docentes: 690 para profesores de ensino secundario, 474 para mestres, 67 para profesores especialistas en sectores singulares de FP e 25 para escolas oficiais de idiomas. Delas, 22 corresponden a persoas con discapacidade: 11 no corpo de profesores de ensino secundario, nove no de mestres e dúas no de profesores especialistas en sectores singulares de Formación Profesional.EspecialidadePrazasQuenda libreQuenda discapacidadeEnsino Secundaria69067911Mestres4744659Especialistas en sectores singulares da FP67652Escola Oficial de Idiomas25250Entre as prazas asignadas, atópanse as 1.234 persoas que superaron as oposicións deste verán pola quenda libre, o que supón unha cobertura de case o 88% das prazas ofertadas na quenda libre. Ademais, asignáronse 22 prazas de novo ingreso para a cota de discapacidade, cubrindo preto do 21% das prazas convocadas nesta tipoloxía.Este proceso de adxudicación é unha das vías para dotar de profesorado aos centros, pero non a única. O número total de docentes concretarase en setembro, cando a Consellería complete a organización das aulas e os recursos necesarios para a mellor atención.A Xunta convocou para as oposicións deste ano un total de 1.743 prazas, co obxectivo de avanzar na estabilidade e renovación do profesorado. Delas, un total de 1.512, a inmensa maioría, foron de novo ingreso. As 231 prazas restantes foron para que funcionarios accedan ao corpo de profesores de ensino secundario ou ao de inspectores de educación.O proceso selectivo deste verán ratifica o compromiso da Xunta coa renovación do cadro de persoal no ensino. Non en balde, desde 2009 o Goberno galego convocou máis de 18.500 prazas nas oposicións de educación. Isto permitiu que Galicia sexa, desde hai xa tempo, a Comunidade coa interinidade docente máis baixa de España. En concreto, a interinidade estrutural docente en Galicia está por debaixo do 5%, moi por debaixo do 8% que esixe o Goberno central e da media estatal, que está por riba do 24%.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando