A celebración do Entroido ateigou o centro de Lugo
O tempo seco e a temperatura agradable fixeron que centos de persoas se concentrasen no casco histórico para desfrutar do desfile e o concurso de disfraces
Lugo - Publicado el - Actualizado
2 min lectura
O tempo seco axudou á organización e fixo que a xente de Lugo se botase á rúa para celebrar o Entroido. Foron moitos os veciños que se achegaron ao casco histórico, á Praza Maior, para disfrutar un ano máis do tradicional concurso de disfraces de adultos organizado pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.
Os concursantes non defraudaron. Despregaron a súa imaxinación, bo humor e habilidades con vistosas creacións e coreografías que animaron desfile, seguido por centos de persoas.
O xurado estivo formado por Noelia Pardo Fernández, profesora e representante da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón; José Antonio Ayán, membro da asociación cultural Curuxán, e José Manuel Núñez Blázquez, artista plástico, presidente da asociación Ágora Cultural e director de Velaí Tes Teatro.
O concurso comezou coa categoría de disfraces individuais, na que se inscribiron cinco adultos. Nesta categoría establecéronse tres premios e dous accesit e os agraciados foron os seguintes:
- "A raíña dos anxos", cun premio de 50€
- "A diva do póquer", cun premio de 50€
- "A dama da plumaxe", cun premio de 200€
- "Batman, o cabaleiro escuro", cun premio de 300€
- "O cazador da xungla", cun premio de 500€
Na categoría de disfraces por parellas repartíronse os seguintes premios, con cinco accesit:
- "Saw", cun premio por valor de 100€
- "As cartas sobre a mesa", cun premio por valor de 100€
- "As Salvaxes", cun premio por valor de 100€
- "Mamá, eu quero a Minnie", cun premio por valor de 100€
- "Peliqueiras de refugallo", cun premio por valor de 100€
- "La costurera y el sastrecillo", cun premio por valor de 300€
- "Peliqueiro ou cigarrón, é Galicia, é tradición", cun premio por valor de 400€
- "A colleita de Peter Rabbit", cun premio de 600€
O desfile rematou co paseo das comparsas. Ducias adultos e nenos e nenas participaron nesta categoría que resultou por momentos moi espectacular debido aos elaborados e orixinais traxes deseñados, así como polas animadas coreografías.
Os premios repartíronse do seguinte xeito, con tres accesit:
- "Somos Bratz", cun premio por valor de 200€
- "De que vamos?", cun premio por valor de 200€
- "Gru e os Minions", cun premio por valor de 200€
- "As abellas vs Velutinas (pequenas pero esenciais)", cun premio por valor de 600€
- "Os vikingos outeiranos", cun premio de 800€
- "Meigallos", cun premio de 1.100€