MULLERES ANTE O 8M

María José, gandeira en Lugo durante 30 anos: "Queda moito camiño por andar"

En COPE Lugo quixemos preparar o 8M dun xeito un pouco diferente: falando con mulleres que traballan duro, neste caso no medio rural

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Celebramos este venres 8 de marzo o Día Internacional da Muller. Son múltiples os actos programados por toda a provincia, tanto por institucións públicas como por colectivos privados para lembrar esta importante data e todo o seu significado.

En COPE Lugo quixemos preparar o 8M dun xeito un pouco diferente. Falando con mulleres que traballan duro, neste caso no rural, onde as condicións de vida son distintas ás que desfrutan aquelas persoas que viven en entornos urbanos, precisamente pola maior dificultade para acceder a determinados servizos e solucións de conciliación.

María José ten unha explotación de vacas en Benade, en Lugo. Agora ten 56 anos. Comezou a traballar na granxa cando rematou os seus estudos. Apenas chegaba á maioría de idade. É unha responsabilidade que esixe dedicación os 365 días do ano. Agora está máis mecanizado, pero continúa sendo un traballo duro.

Esta gandeira lucense recoñece que as cousas evolucionaron para ben no que se refire aos dereitos das mulleres. En todo caso, pensa que aínda queda moito camiño por andar.

Conseguíronse cousas, dereitos e unha maior sensibilidade social, mesmo familiar. Aínda así, as mulleres seguen soportando moitas cargas. O coidado dos fillos e dos maiores e mesmo o papeleo das granxas, que non é pouco.

Manifestación 8M

Como tódolos anos, a Plataforma Feminista de Lugo convocou para celebrar este 8M unha manifestación que partirá ás 20:00 horas deste venres de diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo. Percorrerá varias rúas da cidade, para rematar na Praza de Santa María.

Nese espazo levaráse a cabo a lectura do manifesto, que este ano vai ser compartido por tres mulleres lucenses: a escritora e poeta lucense Marica Campo, a traballadora Chus Antas e Estrela Ramil, "feminista internacionalista".

Por certo, a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, inauguraba este mércores un Punto Violeta nas oficinas do SEPE en Lugo. Trátase dun lugar seguro para atender ás mulleres que estén sufrindo violencia machista. Crearáse un punto similar na ducida de oficinas que hai na provincia.

Temas relacionados