O Concello de Lugo mellora 30 quilómetros de rutas fluviais na contorna periurbana de Lugo

A previsión é que o acondicionamento dos 5 roteiros do río Miño, que se está realizando con materais reciclables que prevén as caídas, remate este mes

00:00

O concelleiro Miguel Fernández confirmou que os traballos de mellora rematarán este mes

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O Concello de Lugo está rehabilitando e mellorando aproximadamente 30 quilómetros das cinco rutas periurbanas que discorren polas marxes do río Miño, co arranxo de todas as pasarelas de madeira. Ademais do cambio das infraestruturas, estase a substituir a antiga rede de galiñeiro que cubría a madeira por outra plástica, de polietileno reciclable, máis segura para os usuarios e de menor impacto paisaxístico.

En total, serán instalados uns 800 metros desta nova rede que, segundo o concelleiro de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, “é máis resistente, segura para evitar accidentes e caídas, duradeira, resistente e o que é moi importante, respectuosa co medio ambiente e cun entorno privilexiado”.

Ademais, o responsable da Área de Transición Ecolóxica fixo fincapé en que “para o Concello de Lugo é clave a posta en valor destas rutas estratéxicas, de cara á favorecer a promoción do noso patrimonio natural ao tempo que se presta á cidadanía alternativas de ocio nuns sendeiros moi empregados para o sendeirismo, o ciclismo e incluso as rutas a cabalo”.

A previsión é que o acondicionamento destas cinco rutas estea rematada ao longo deste mes.

CINCO RUTAS

As rutas nas que se está a actuar na actualidade son: “As ribeiras altas, río arriba”, de máis de 10 quilómetros, que une a ponte romana coa vella elevadora, en ámbalas marxes; “Miño aberto, río abaixo”, que percorre a mesma ponte, o Balneario, O Muíño e As Pedreiras, cunha lonxitude duns 2,7 quilómetros; a ruta do “Vello Lugo Agrario”, que ao longo duns 4,5 quilómetros chega ata Santa Eulalia de Bóveda; o sendeiro que vai do Miño a Chamoso, coñecida como o “Paseo do Miño”, cunha distancia de 7,5 quilómetros; e a Ruta de Ombreiro, que vai ata estación depuradora, de case 5 quilómetros, cuxa actuación xa está rematada.

Precisamente esta última ruta é unha das que precisou unha maior intervención, xa que as súas pasarelas presentaban un estado moi deteriorado polas enchentes do río.

Segundo explicou o concelleiro da área de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, “houbo que desmontar máis de 50 metros cadrados das pasarelas danadas desta ruta que é ademais unha das máis transitadas por sendeiristas, ciclistas e xinetes a cabalo; instalar tubos pasantes para o drenaxe deste sendeiro, e por último colocar novas pontes de madeira e maia plástica, actuando en treitos con pendentes moi pronunciadas, que nesta ruta supuxo a instalación de 435 metros cadrados, a metade da maia empregada no resto das rutas nas que intervimos”.

Miguel Fernández destaca que “un dos obxectivos" do Concello de Lugo "é o de ofrecer contornas atractivas á cidadanía, conservar e manter as zonas privilexiadas coas que contamos e facelas seguras para as e os usuarios. Esta foi unha das razóns que nos levou ao cambio de maia de galiñeiros pola plástica, porque ademais de ser dun material reciclable é máis seguro, porque non corta, ao tempo que evita caídas por ser antiescorregadizo”.

Programas

Último boletín

18:00H | 21 NOV 2024 | BOLETÍN