Lugo xa ten a sua propia residencia para artistas

O centro disporá dunha programación propia para tódolos públicos ata finais de ano, cando recibirá aos primeiros creadores por períodos de tres meses

00:00

A nova residencia para artistas comezará a funcionar a principios do vindeiro ano

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

2 min lectura

Lugo xa conta coa súa propia residencia internacional para artistas, aínda que o centro, que foi inaugurado este semana pola alcaldesa, Paula Alvarellos, non funcionará como tal ata dentro duns meses, polo menos ata finais de ano, cando recibirá aos primeiros creadores.

Paula Alvarellos, acompañada polo edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, inauguraba esta semana o primeiro Coliving municipal dedicado ao arte, un proxecto do goberno local co que tamén se busca darlle un novo impulso á revitalización do barrio do Carme, polo que pasa o Camiño Primitivo.

Esa nova residencia internacional para artistas ocupa a que fora a vivenda do pintor e escultura Gómez Pacios, despois da rehabilitación que levou a cabo o Concello de Lugo. “Nace co obxectivo de ser catalizador da cretividade e do desenvolvemento profesional no ámbito artístico e cultural, pero tamén para contribuír á rexeneración desta zona estratégica de Lugo”, dixo a alcaldesa na inauguración.

Con este acto arrinca a actividade nesta nova dotación artística, para dar a coñecer o edificio entre a cidadanía e os axentes culturais da Comunidade”, aclarou, pero non será ata primeiros do 2025 cando entre en funcionamento o Regulamento das Residencias Artísticas Internacionais do Coliving.

A alcaldesa de Lugo inaugurou esta semana a nova residencia para artistas da cidade

RESIDENCIA, OBRADOIROS E EXPOSICIÓNS

Moitos representantes do colectivo artístico, cultural e educativo de Lugo estiveron presentes nesta inauguración e tiveron oportunidade de percorrer unhas instalacións que supuxeron a construción dunha nova edificación e a recuperación de 3.000 metros cadrados de zonas verdes ao seu carón. Un espazo que quedou habilitado como zona cultural aberta a toda a cidadanía e que contará con programación propia.

A reforma permitiu dotar á construción de tres zonas individuais de descanso e doutros espazos comúns, áreas de traballo e obradoiros. A idea era crear un espazo que, ademais de servir para inspirar aos novos creadores para desenvolver os seus proxectos artísticos, servise para homenaxear á figura e ao legado artístico de Pacios.

A alcaldesa destacou que é unha intervención totalmente respectuosa coa contorna, que supuxo un investimento de 490.978 euros. Foi financiada ao 80% con fondos FEDER da Unión Europea, dentro da estratexia DUSI Muramiñae, deseñada para unir a trama urbana de Lugo coa súa contorna fluvial.

Tal e como explicou a alcaldesa, “xa se están a elaborar as bases das Residencias Artísticas Internacionais do Coliving, que regularán a convocatoria para que as e os artistas interesados poidan optar a becas coas que acceder ao Coliving durante tres meses, para desenvolver a súa obra, que despois mostrarán ao público na área expositiva deste mesmo centro”.

Nos seis meses que faltan para chegar a esa etapa, o traballo do goberno local pasa por dar a coñecer este novo equipamento.

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

18:00H | 19 SEP 2024 | BOLETÍN