¿Para cando a nova comisaría de Lugo? O Partido Popular non descarta pedir un pleno extraordinario

Aparentemente, hai orzamento e un acordo para a cesión do terreo por parte do Concello na zona da Abella, pero todo está "parado dende febreiro"

00:00

Os populares non descartan un pleno extraordinario para garantir a cesión do solar da comisaría

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

O Partido Popular anunciaba este luns que non descarta pedir un pleno extraordinario para que o goberno local formalice dunha vez a cesión dos terreos necesarios para a nova comisaría da Policía Nacional en Lugo.

A voceira do grupo municipal popular, Elena Candia, explicou que "hai orzamento para construir esta infraestrutura e hai un compromiso da alcaldesa, do pasado mes de febreiro, no que elixía como ubicación para construír esta infraestrutura a zona norte".

Segundo Candia, a alcaldesa Paula Alvarellos dixo que non había "volta atrás", porque se comprometeu a ceder unha parcela de 2.117 metros cadrados na confluencia da Rúa Orquídea con Aquilino Iglesia Alvariño.

Sen embargo, no pleno municipal do pasado venres, tanto socialistas como nacionalistas responderon "con vaguedades e sen entrar no fondo nin dar datos concretos" sobre a situación do proxecto.

Diferenzas entre Concello e Goberno central

A popular desvelou que Concello e o Goberno central discuten agora se un decreto de Alcaldía é suficiente para garantir a cesión das parcelas necesarias ou, polo contrario, se precisa un acordo do pleno, de aí que hoxe puxese sobre a mesa a petición de pedir unha sesión extraordinaria para zanxar este tema.

Candia explicou que o Partido Popular asumiu o compromiso de liderar o impulso desta dotación e lembrou as diferentes iniciativas que presentou de xeito coordinado, no Congreso dos Deputados, no Senado e no pleno do Concello de Lugo.

A última foi, precisamente, o pasado venres, cunha pregunta dos populares no pleno municipal sobre o retraso na entrega das parcelas para facer a comisaría.

"Contestáronnos, literalmente que: la tramitación del expediente sigue su curso tal cual estaba previsto para poder materializar y se elevará al pleno cuando corresponda", lamentou Candia.

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 22 NOV 2024 | BOLETÍN