A área sanitaria de Lugo contará cunha nova unidade móbil para a doazón de sangue

O orzamento de licitación ascende a 500.000 euros, co obxectivo de ofrecer aos doantes as mellores condicións de seguridade e comodidade

00:00

A Xunta de Galicia inviste 500.000 euros nunha nova unidade móbil para doar sangue en Lugo

Redacción COPE Lugo

Lugo - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) publicou, no perfil do contratante da Consellería de Sanidade, a licitación dunha nova unidade móbil que prestará servizo na área sanitaria de Lugo.

O vehículo, que será a sexta unidade móbil renovada desde o ano 2018 na ADOS, conta cun orzamento de licitación de 500.000 euros e forma parte do programa de melloras que a Xunta de Galicia está a desenvolver co obxectivo de optimizar a calidade no servizo e atención aos doantes.

Desde a creación da axencia fíxose un importante esforzo económico para renovar e manter axeitadamente o seu parque móbil, incorporándose ata o momento cinco novas unidades móbiles cun investimento total de 1.565.362 euros que foron destinadas a Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña e Ourense.

Autonomía e comodidade

A nova unidade móbil terá unhas dimensión de 12,2 metros de lonxitude, 3,45 metros de altura e estará dividida en tres espazos diferenciados: unha área de recoñecemento médico, unha sala de doazón con capacidade para catro padiolas e unha área de refrixerio.

Ademais, disporá de subministro eléctrico autónomo e sistema de climatización, así como a máis moderna tecnoloxía que garanta a máxima seguridade e confort para que a cidadanía poida realizar a súa doazón de sangue.

Aproximadamente o 85% das 103.525 doazóns que se recolleron o pasado ano en Galicia rexistráronse nestes vehículos.

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 03 DIC 2024 | BOLETÍN