GALA SOLIDARIA

"Calmando tormentas" dende Lugo para axudar á xente do Levante

Dani Polo, David Taboada e Jairo, o Mago Rafa, Iria Estévez ou La Penúltima Sabinera actuarán o venres 15 ás 21:00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire

Baruk Domínguez

Lugo - Publicado el

1 min lectura

      
      
             
      

Calmando tormentas é o nome da gala solidaria que se celebrará o vindeiro venres 15 no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo e que permitirá recaudar fondos para as persoas afectadas pola catástrofe climática do Levante peninsular.

A gala comezará a partir das 21:00 horas, e contará con espectáculos a cargo de Dani Polo, David Taboada e Jairo, o Mago Rafa, Iria Estévez ou La Penúltima Sabinera, en formato acústico.

10 euros solidarios

As entradas teñen un prezo de 10 euros, que se enviarán integramente ás persoas afectadas a través da Cruz Vermella de Lugo, e poden adquirirse nas instalacións da entidade. 

A asociación Lugo Monumental, promotora do acto, habilitou tamén unha conta para recibir doacións ás persoas que non poidan acudir á gala.

Temas relacionados