Mostra no hula
¿Como convivir cunha bolsa de ostomía?
Unha exposición amosa no HULA como é a vida das persoas que teñen que vivir cunha bolsa que recolle as feces ou a ouriña do seu organismo e os coidados que reciben no sistema público de saúde
Lugo - Publicado el
2 min lectura
Unha ostomía é unha abertura artificial, que se fai quirúrxicamente no corpo dunha persoa para permitir o paso da ouriña e das feces. É unha intervención que se usa para tratar enfermidades dos sistemas dixestivos e urinarios, como unha obstrucción intestinal, a enfermidade de Crohn, unha colite ulcerosa ou unha inflamación dos divertículos -pequenas protuberancias que se forman na parede do intestino-.
Certamente, é unha complicación para os doentes, que teñen que acostumarse a vivir dun xeito diferente. Hoxe foi inaugurada no HULA unha exposición fotográfica itinerante que leva por título 'Héroes e heroínas”, unha mostra coa se busca rendir homenaxe e darlle vibilidade ás 70.000 persoas que viven en España cunha bolsa de ostomía para tratar as suas enfermidades, pero tamén ás enfermeiras que se ocupan do seu coidado.
A exposición parte dunha iniciativa conxunta de GESTO (Grupos de ESTOmaterapeuas) e Hollister, compañía que fabrica, desenvolve e comercializa produtos de ostomías.
pacientes e enfermeiras son os protagonistas
As fotografías teñen como protagonistas, fundamentalmente, aos pacientes, pero tamén aos enfermeiros/as estomaterapeutas que cada día están ao seu carón.
A exposición foi inaugurada este martes na entrada principal do Hospital Universitario Lucus Augusti, coa participación do xerente de Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares. Tamén persoal de Hollister e do grupo GESTO.
Ademais, tomou parte na presentación a enfermeira estomaterapeuta do HULA, Mónica Vila, quen falou do traballo que se realiza na consulta de ostomías do HULA, da relación que se establece cos pacientes e das actividades que se desenvolve no hospital.
Ademais, un paciente deste centro hospitalario relatou en primeira persoa como é a súa convivencia cunha bolsa de ostomía e a súa adaptación a este proceso.
O autor das fotografías é Álvaro Laiz, explorador de National Geographic e un dos mellores retratistas fotográficos do mundo, segundo o recoñecemento que obtivo en 2010 nos premios internaciononais Sony World Photography Awards.