a alcaldesa xuntouse con representantes das organizacións sectorais

Lugo prepara importantes melloras nos dous grandes polígonos da cidade

O Concello instalará cámaras para vixiar o tráfico, mellorará as rotondas, promoverá a creación dun aparcamento para camións e instará á Xunta a habilitar un acceso directo coa A6 e unha escola infantil

A alcaldesa xuntouse nas últimas horas con representantes dos transportistas e dos empresarios
00:00
Ramudo

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mantivo xuntanzas con empresarios e transportistas para comunicarlles os seus planes

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

3 min lectura

O Concello de Lugo ten prevista a instalación de seis cámaras para o control do tráfico nos dous grandes polígonos industriais da cidade, nas Gándaras e no Ceao. Pero é a única mellora na que traballa o goberno local, xa que tamén apoiará a creación dun gran aparcamento para camións e dunha escola infantil, para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das personas que traballan en ambas áreas empresarias. Ademais, ten previstas actuacións nas rotondas, para mellorar a seguridade e a mobilidade e instar a Xunta de Galicia a que habilite un acceso directo dende Ás Gándaras á Autovía do Noroeste (A-6).

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, anunciou estas medidas en senllas reunións na Casa do Concello cos representantes das asociacións de transportistas e de empresarios dos parques industriais para informalos sobre as intencións do Concello en relación cos dous polígonos da cidade.

O Concello instalará cámaras de vixilancia no parque empresarial do Ceao, acondicionará dúas rotondas de Benigno Rivera e actualizará a sinalización nese tramo, ao tempo que está a analizando a reorganización dos estacionamentos existentes e a posta en marcha de novas zonas con espazos destinados a este fin. Igualmente, avanzou os termos nos que avanza a colaboración que mantén cos diferentes colectivos para posibilitar a creación dun aparcadoiro acoutado para camións en terreos municipais do polígono das Gándaras.

Temos a firme vontade de reforzar os servizos desta zona estratéxica do municipio. Os polígonos de As Gándaras e O Ceao son un dos principais centros de desenvolvemento económico na capital. Por iso queremos atender as demandas do tecido empresarial co obxectivo principal de facilitar o desenvolvemento da actividade ordinaria das numerosas empresas que operan neles, para que redunde non só na súa seguridade senón tamén na súa competitividade”, sinalou a rexedora, quen tamén anunciou que os pregos para contratar o sistema de vixilancia xa están listos.

Control da Policía Local nun dos accesos ao Ceao

Concello de Lugo

Control da Policía Local nun dos accesos ao Ceao

seis cámaras nos principais accesos

Deste xeito, ao longo das próximas semanas procederase á súa licitación, cun prego que contempla diferentes puntos de control, co obxectivo de ampliar a súa cobertura a unha porcentaxe moi elevada da zona industrial. Así, haberá cámaras na avenida de Benigno Rivera, na súa confluencia con Infanta Elena; nas inmediacións de rúa Agricultura e na rúa das Comunicacións, na contorna da rúa dos Carros. Dese xeito o sistema permitirá controlar o tránsito de vehículos entre ambos polígonos e no seu enlace coas vías de comunicación próximas.

Inicialmente, serán instaladas 6 cámaras con diferentes características técnicas que contarán, ademais, cun sistema de alarma antisabotaxe, capaz de detectar posibles intrusións non autorizadas. 

O equipamento estará conectado a unha central receptora de alarmas e quedará integrada tamén no software de xestión da Policía Local de Lugo. Dese xeito as incidencias serán atendidas por efectivos policiais, que recibirán información de cada incidencia de xeito inmediato para poder ofrecer unha resposta rápida á mesma.

escola infantil e conexión coa autovía

A rexedora tamén lles comunicou a ambos colectivos que o Concello lle esixirá ao goberno autonómico que, "atendendo ás súas competencias", asuma a mellora da conectividade de ambos os polígonos. Desta forma, nos vindeiros días, instará formalmente á Xunta a incluír no Plan sectorial do Polígono dás Gándaras a creación dunha ligazón directa coa saída da A6 na Campiña.

Trátase dun proxecto clave con enormes repercusións sobre o noso potencial desenvolvemento económico que melloraría substancialmente as comunicacións dos paques empresariais coa rede de autovías estatais. É necesario que a Xunta se involucre, xa que é a súa competencia incluír a ligazón no Plan sectorial, garantindo que o empresariado lucense poida competir en igualdade de condicións con outras zonas industriais do país”, dixo Alvarellos.

De forma complementaria, a alcaldesa trasladou que lle solicitará ao goberno autonómico a creación dunha escola infantil para atender as necesidades de conciliación laboral e familiar das persoas que traballan en ambos polígonos. “A Xunta non pode seguir mirando para outro lado. As Gándaras e O Ceao necesitan da súa implicación”, concluíu.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 19 NOV 2024 | BOLETÍN