Retiran 450 kilos de lixo das arquetas da Praza de Abastos de Lugo

Ese dispositivo especial de limpeza retirou máis de 450 kilos de lixo que provocaban cheiros moi molestos para os usuarios

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

1 min lectura

      
      
             
      

A edil de Participación, Cristina López, informou de que o Concello levou a cabo este xoves un operativo especial de limpeza na Praza de Abastos, que rematou coa retirada de máis de 450 kilos de residuos: como cascas, restos de peixe, envoltorios, mallas, plásticos ou etiquetas das arquetas ubicadas no soto.

 

Cristina López fixo un chamamento aos distintos praceiros e ás asociacións que din representar os negocios da Praza e do Mercado "para usar as instalacións de xeito responsable, garantindo o benestar tanto dos usuarios como dos negocios que se ubican aquí".

López afirmou que esta "importante cantidade" de residuos estaba a provocar malos cheiros na Praza.

os  desaugues non poden ser usados como colectores

A edil de Participación lembrou que os desaugues non deben ser usados como depósito de refugallos. O goberno de Lugo puxo en marcha o pasado 24 de maio un servizo de recollida de residuos para os resíduos orgánicos, con colectores refrixerados que impiden os malos cheiros e propician unha xestión responsable e eficaz da reciclaxe, precisou a concelleira.

 Ademais, lembrou, a instalación conta con colectores suficientes para a reciclaxe de envoltorios, elementos plásticos e outros residuos.

      
             
      

Insistiu en que o novo sistema de recollida de residuos de carnicería e peixería permite realizar unha mellor xestión dos resíduos específicos destes sectores e avanzar no bo tratamento dos restos que se xeran nestas instalacións, "reducindo o impacto ambiental de toda a cidade, que é un dos obxectivos da Tenencia de Alcaldía á hora de planificar o traballo", afirmou Cristina López

Temas relacionados