Xunta de Galicia

Ángeles Vázquez e o alcalde de Coristanco avalían posibles actuacións en materia de augas no concello

Ángeles Vázquez e o alcalde de Coristanco avalían posibles actuacións en materia de augas no concello

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O Goberno local traballa nos proxectos para ampliar a captación de auga, a ampliación do depósito municipal e a construción dunha nova estación depuradora, iniciativas das que presentará a documentación a Augas de Galicia para o seu estudo en profundidade

A Xunta de Galicia e o Concello de Coristanco avalían posibles actuacións a desenvolver no concello en materia de augas co obxectivo de mellorar o servizo ao conxunto da veciñanza. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde da localidade, Juan Carlos García, mantiveron hoxe un encontro no que analizaron distintas iniciativas municipais que teñen como finalidade optimizar as prestacións das redes de saneamento e abastecemento.Entre elas atópase o proxecto para ampliar o caudal de captación da estación de tratamento de auga potable (ETAP) do concello, que xa está redactado e no que se prevé un investimento de preto de 500.000 euros. Nestes momentos Augas de Galicia e o Goberno local están a tramitar esa ampliación do caudal e, en paralelo, o Executivo galego está a asesorar ao municipio para avanzar no resto de cuestións exixidas para executar esta actuación. Outra das actuacións que pretende executar o concello é a ampliación do depósito municipal de augas co obxectivo de garantir a subministración de auga as 24 horas en caso dalgún tipo de incidencia. Neste sentido, tanto a conselleira como o director de Augas de Galicia, Roi Fernández, trasladáronlle ao rexedor a necesidade de que presente a correspondente solicitude e a documentación para tramitar o expediente.O alcalde tamén trasladou o interese do Goberno local en construír unha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) no lugar de Montecelo, da que se comprometeu a presentar un proxecto e a correspondente documentación coa finalidade de que a Xunta poida avalialo convenientemente. Ángeles Vázquez e Juan Carlos García comprometéronse a que Augas de Galicia e o concello avalíen estas cuestión máis en profundidade nos vindeiros meses co obxectivo de axilizar ao máximo as xestións e impulsar aquelas melloras que sexa posible desenvolver para mellorar os servizos prestados á veciñanza de Coristanco.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00h | 28 nov 2024 | boletín