Xunta de Galicia

Anxo M. Lorenzo agradece a implicación do sector na Feira do Libro de Vigo

Anxo M. Lorenzo agradece a implicación do sector na Feira do Libro de Vigo

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O director xeral de Cultura participa na inauguración da sétima parada do circuíto impulsado pola Xunta e a Federación de Librarías de Galicia

Ata o domingo están previstas máis dun cento de propostas culturais entre presentacións de obras, sinatura de libros ou iniciativas para o público infantil

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación da Feira do Libro de Vigo, sétima parada do circuíto posto en marcha pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías de Galicia que este ano percorre 13 localidades ata o mes de agosto.No acto de apertura, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salientou que o panorama literario en Galicia “enche esta cidade de propostas culturais para todos os públicos”. O director xeral de Cultura sinalou que en canto a hábitos de lectura “a provincia de Pontevedra é unha das máis lectoras da nosa Comunidade, xa que as persoas maiores de 14 anos len libros un 7,3% por riba da media” e aproveitou a ocasión para invitar a toda a cidadanía a pasar polas casetas da praza de Compostela e a gozar de todas as actividades.O titular de Cultura da Xunta deu parabéns pola dedicación de todos os axentes implicados nesta cita que contará con máis dun cento de actividades para todos os públicos. “O apoio ao sector é fundamental para levar a cabo esta feira, grazas ao traballo de todos os profesionais na procura deste amplo programa de actividades para todos os públicos”, sinalou. Neste senso, valorou a importancia de iniciativas que promovan literatura en galego debido a que “máis do 60% da poboación le libros na nosa lingua tanto de xeito habitual como ocasional”, apuntou o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.As Feiras do Libro supoñen unha importante cita para a dinamización do sector libreiro e do libro galego, é por iso que estas actividades están enmarcadas no programa CulturON, o amplo abano de iniciativas culturais de todos os tipos e para todos os públicos impulsado para este verán pola Xunta de Galicia con máis de 30 actividades diarias.A Feira do Libro de Vigo sitúase na praza de Compostela ata o domingo 7 de xullo coa participación de 13 librarías e dúas editoriais. Para estes días están previstas máis dun cento de actividades entre sinaturas de libros, presentacións, actuacións musicais, obradoiros, recitais e actividades infantís.Tras o seu paso por Vigo, o calendario continuará ata agosto con paradas en Ponteareas (do 11 ao 14 de xullo), Rianxo (do 24 ao 27 de xullo), A Coruña (do 1 ao 10 de agosto), Viveiro (do 12 ao 15 de agosto), Foz (do 16 ao 19 de agosto) e Monforte de Lemos (do 21 ao 24 de agosto).

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 29 NOV 2024 | BOLETÍN