Xunta de Galicia

Belén do Campo destaca o investimento de máis de 1,1 M? en 19 concellos da comarca da Coruña e Betanzos para a mellora de camiños rurais para 2024 e 2025

Belén do Campo destaca o investimento de máis de 1,1 M€ en 19 concellos da comarca da Coruña e Betanzos para a mellora de camiños rurais para 2024 e 2025

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

5 min lectura

Belén do Campo fixo balance das actuacións realizadas arredor desta iniciativa, que contou cunha dotación orzamentaria en Galicia de máis de 130 millóns de euros no período 2016–2024 que se traducen en máis de 4.280 quilómetros de vías rurais melloradas

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto ao alcalde de Aranga, Alberto Platas e a directora territorial da consellería de medio rural na Coruña, Nieves Mancebo, visitou hoxe esta localidade e salientou alí o investimento do Plan de mellora de camiños rurais, dotado con case 19,5 millóns de euros para 2024 e 2025, o que supón o orzamento máis alto dende 2017. En concreto, no marco desta convocatoria, está prevista unha actuación no concello de Aranga de 77.729,00? para a mellora de pavimentación no camiño do Toxiño.O financiamento faise con fondos Feader, con cargo ao Plan Estratéxico da PAC 2023–2027 e son subvencionables camiños de acceso a núcleos rurais de poboación. A delegada da Xunta informou que na comarca da Coruña e Betanzos recibirán estas axudas 19 concellos por un importe total de máis de 1,1 millón de euros. Na visita, a delegada comprobou a actuación realizada, o ano pasado, con estas mesmas axudas, dunha actuación de mellora de acceso nos núcleos de Baltar e Xocín cunha axuda de 77.458,00 euros por parte do Goberno autonómico.O obxectivo desta iniciativa é mellorar as condicións de vida e traballo no medio rural xa que o fortalecemento das infraestruturas facilita a accesibilidade e vertebración do territorio, reforza o tecido social, contribúe a mellorar a capacidade organizativa das áreas rurais, dinamiza o tecido produtivo e fixa a poboación. Así, estas axudas promoven a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños que forman parte da rede viaria de acceso a unha ou varias entidades de poboación. Nesta liña, o Plan de mellora de camiños permite garantir e potenciar o tránsito de vehículos e maquinaria.Durante o período 2016–2024 contou cunha dotación orzamentaria de máis de 130 millóns de euros, permitindo a mellora de máis de 5.450 camiños e máis de 4.280 quilómetros de vías rurais e a provincia da Coruña foi a que máis importe económico recibiu desta iniciativa na etapa mencionada, superando os 40 millóns de euros, e polo tanto, na que máis actuacións se produciron.A delegada engadiu que a través de iniciativas coma esta, “a Xunta mantén o compromiso coa promoción e coordinación do desenvolvemento do territorio rural galego”. O Plan de mellora de camiños rurais ten unha traxectoria que se remonta a 2013 e este ano, por primeira vez, compleméntase co Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria finalizadas, dotado con 6 millóns de euros.En cada convocatoria do Plan de mellora de camiños rurais repártense entre os 313 concellos os fondos dispoñibles e corresponde a cada un deles a elección dos camiños sobre os que se considera preciso actuar, así como o proxecto de obra de ampliación, mellora ou mantemento. Ademais, estes están obrigados a contratar un servizo externo de control de calidade das obras executadas.

ARTEIXO59.663,00 ?MELLORA DOS CAMIÑOS CM00256 E CM01079 NO LUGAR DE SUEVOS VILARMAIOR50.199,02 ?MELLORA DE FIRME DE VIAL LOBEIRAS ESPELDOÑA BERGONDO43.845,90 ?PROXECTO DE REPARACIÓN E ASFALTADO A BASE DE AGLOMERADO ASFÁLTICO DE CAMIÑO ENTRE AS ESTRADAS DP–0813 E DP–0803 VILASANTAR58.752,48 ?REFORZO DO FIRME DE CALZADA CON M.B.Q. DO CAMIÑO OS CURRÁS – CP 4701 (BARBEITO) PADERNE49.738,00 ?MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS NAS PARROQUIAS DE VIGO E VILAMOUREL CURTIS68.827,00 ?REFORZO DO FIRME DE CALZADA DO CAMIÑO DE ACCESO AOS NÚCLEOS DE CASTIÑEIROS E SAN CRISTOVO SADA41.160,00 ?MELLORA DO PAVIMENTO NO CAMIÑO DE LOUREIRO, DENDE O CASTRO A SAMOEDO, PARROQUIAS DE OSEDO E SADA IRIXOA61.491,00 ?MELLORA DE FIRME VIAL LOUSADA DE ARRIBA NO CONCELLO DE IRIXOA MESÍA94.941,00 ?MELLORA DA PISTA DE PEREIRUGA A AROSA (XANCEDA), NO CONCELLO DE MESÍA MIÑO50.301,00 ?MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS DO NÚCLEO DE LEIRO A PARCELAS AGRÍCOLAS DO LUGAR DA COSTA CULLEREDO44.585,25 ?ARRANXO DUN VIAL MUNICIPAL NO NÚCLEO DE FORNOS. CULLEREDO COIRÓS46.467,00 ?MELLORA VIARIOS RURAIS EN COLANTRES ARANGA77.729,00 ?MELLORA DE PAVIMENTACIÓN DO CAMIÑO DO TOXIÑO OLEIROS52.072,00 ?PAVIMENTACIÓN DUN TRAMO DA RÚA FORNOS OZA–CESURAS93.068,00 ?MELLORA DE FIRME DO CAMIÑO DENDE A DP–3203 A SESELLE. PARROQUIAS DE RODEIRO E A REGUEIRA, OZA – CESURAS (A CORUÑA)MELLORA DE FIRME DO CAMIÑO DENDE A CAMPIÑA A LIÑARDEU. E CAMIÑO DENDE A CAMPIÑA A RODEIRO. PARROQUIA DE RODEIRO. OZA – CESURAS (A CORUÑA) ABEGONDO69.943,46 ?PROXECTO DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS 2024–2025: BEADE, CADAVAL E MARCES BETANZOS48.958,62 ?MELLORA DA PAVIMENTACIÓN E SEGURIDADE DO CAMIÑO MUNICIPAL DO CRUCEIRO–XANROZO SOBRADO77.372,13 ?MELLORA DO VIAL EN COSTOIAMELLORA DO VIAL EN A LAXE – SANTÓMELLORA DE VIAL EN VILASUSOCARRAL44.972,85 ?MELLORA DE CAMIÑO MUNICIPAL DE CAMPO DA ALDEA A CHAMOSO, PARROQUIA DE SUMIO

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 21 NOV 2024 | BOLETÍN