Xunta de Galicia

O Centro Dramático Galego estrea na MIT de Ribadavia o espectáculo 'Nada se sabe' en coprodución con Culturactiva

O Centro Dramático Galego estrea na MIT de Ribadavia o espectáculo ‘Nada se sabe’ en coprodución con Culturactiva

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

Sobre o escenario, catro intérpretes con discapacidade dialogan co Filoctetes de Sófocles en versión de Manuel Lourenzo e codirección de Ignacio García e Fran Rei

A estrea absoluta terá lugar este venres 26 de xullo no Auditorio Rubén García do Castelo e contará con servizos de accesibilidade

A montaxe forma parte da actividade do 40º aniversario da unidade de produción teatral da Xunta, que coincide coa celebración das catro décadas do festival ribadaviense

O Centro Dramático Galego presenta este venres un pioneiro espectáculo arredor da inclusión, creado xunto á produtora Culturactiva como parte das actividades do seu 40º aniversario. A estrea absoluta será este venres 26 de xullo, ás 23,00 h., no Auditorio Rubén García do Castelo de Ribadavia dentro da programación da Mostra Internacional de Teatro (MIT), que nesta edición está a celebrar tamén as súas catro décadas de traxectoria e para a que o Concello ribadaviense volve contar co apoio da Xunta.

afonda na liña de traballo inclusivo da compañía pública, en conexión coa futura Lei de cultura inclusiva e accesible e a filosofía da propia MIT de Ribadavia, ao levar ao escenario dúas actrices e dous actores con diversidade funcional que repasan diversas versións da discapacidade no teatro clásico, deténdose nunha adaptación moderna e sinxela de

, unha das traxedias gregas de Sófocles, asinada por Manuel Lourenzo. Ignacio García, quen fora director do Festival de Teatro Clásico de Almagro, e Fran Rei codirixen esta peza na que contan tamén, a modo de creación colectiva, coas achegas de Francisco Sánchez e do elenco integrado por Carme García Rigau, Rubén Bargiela Sierpes, Corina Alfonso Mañá e Elvis García Torres.O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, interveu no acto de presentación desta pioneira estrea xunto con César Fernández, alcalde de Ribadavia, Fran Rei, membro de Culturactiva; Corina Alfonso Mañá, unha das intérpretes, e o director artístico do festival, Roberto Pascual.O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude manifestou que este traballo a prol da inclusión e a diversidade da escena é unha liña necesaria na estrutura pública de teatro e un camiño de longo percorrido no que o Centro Dramático Galego continúa a traballar para seguir dando pasos que garantan o acceso ao teatro para as persoas con diversidade funcional, co obxectivo de proporcionarlles cada vez unha maior oferta.Sutil engadiu que, nesta mesma dinámica, o Goberno galego traballa na consecución da plena inclusión apoiando tamén a adquisición de sistemas de accesibilidade nos espazos escénicos galegos a través da convocatoria de subvencións para a modernización de infraestruturas públicas e privadas recentemente asignadas.Sempre que se solicite previamente,

contará con servizos de accesibilidade de diferentes tipos: a visita táctil previa á función, destinada a que as persoas invidentes fagan un percorrido polos elementos físicos do espectáculo, un servizo de audiodescrición tamén para invidentes e interpretación en lingua de signos durante a función. Na peza, catro intérpretes cuestionan sobre o escenario a inclusión e a xestión da diferenza que facemos como sociedade. A premisa da que parte Nada se sabe é un texto orixinal de Manuel Lourenzo no que se establece un diálogo coa figura clásica de Filoctetes, un heroe grego apartado na illa de Lemno a causa dunha ferida fedorenta, pero que despois será fundamental para gañar a guerra de Troia. A través desta pasaxe histórica, cuestiónase o que se sabe e o que non se sabe sobre a discapacidade e o que entendemos por integración.Así,

é unha proposta inclusiva e diferencial no contexto teatral galego, polo tema e o elenco, pola delicada selección musical, pola mestura de linguaxes e por estar formulada como un reto dirixido á audiencia e como unha dúbida metódica que lle dá nome ao espectáculo.A cargo da dirección están Ignacio García, experto en pedagoxía do teatro, e un dos directores de escena máis relevantes a nivel estatal e europeo, cunha ampla experiencia no Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro e no Teatro Español de Madrid; e Fran Rei, actor cómico, autor de guións e director teatral, que nos últimos anos vén desenvolvendo un traballo constante de integración social a través do teatro con colectivos de persoas con discapacidade desde Culturactiva.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

10:00h | 27 nov 2024 | boletín