Xunta de Galicia

O Centro de Formación A Aixola oferta 84 prazas en sete novos cursos para o sector pesqueiro en setembro

O Centro de Formación A Aixola oferta 84 prazas en sete novos cursos para o sector pesqueiro en setembro

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A inscrición para as accións formativas nas áreas de instalacións, composites, redes, madeira, prevención de riscos laborais e emprego está xa aberta

O Centro de Formación A Aixola, que xestiona a Consellería do Mar a través do Centro Tecnolóxico do Mar–Fundación Cetmar, inicia en setembro un novo curso con sete accións formativas e un total de 84 prazas destinadas a alumnos vinculados ao sector pesqueiro. As clases impartiranse na súa sede situada no porto de Marín e totalizarán cerca de 1.600 horas de formación de carácter gratuíto.Destes cursos poderán beneficiarse operarios da pesca, mariscadoras e mariscadores, cónxuxes destes ou persoas con titulación ou certificado para traballar no sector pesqueiro. A preinscrición para participar nos cursos do vindeiro semestre está xa aberta e poderá materializarse a través da

de Aixola.Os cursos que comezan no mes de setembro pertencen as áreas de instalacións, composites, redes, e madeira. A oferta do centro de formación complétase cun curso online en prevención de riscos laborais no sector pesqueiro e con titorías de apoio ao autoemprego e á busca de emprego.As 1.575 horas de formación programadas repartiranse así no curso de confección e mantemento de artes e aparellos (330 horas); electricidade e hidráulica básicas aplicadas ao buque (275 horas), e elaboración e instalación de cubertas de madeira en embarcacións menores e laminado manual en poliéster para pezas de uso en acuicultura e en construción naval, ambos de 300 horas.A oferta de A Aixola para o vindeiro semestre complétase cos cursos de reparación de embarcación pneumáticas (300 horas), soldadura autóxena (20) e PRL no sector pesqueiro (50 horas).A especialidade do centro dependente da Consellería do Mar, cunha actividade formativa cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e da Acuicultura (Fempa), é a aprendizaxe baseada no traballo, combinando a preservación do coñecemento tradicional coa innovación. A metodoloxía de ensino, centrada no aprendiz e nas súas necesidades, é eminentemente práctica e permite unha formación sólida que deriva en altas taxas de inserción laboral do alumnado.O Centro de Formación A Aixola dirixe a súa actividade aos colectivos de pesca que buscan capacitarse noutros oficios do mar desde 1997, cando iniciou a súa andaina a iniciativa da Consellería do Mar en instalacións da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra. A xestión da entidade é responsabilidade do Centro Tecnolóxico do Mar–Fundación Cetmar desde o ano 2004.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN