Xunta de Galicia

Comezan os campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade da Xunta de Galicia

Comezan os campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade da Xunta de Galicia

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Na edición deste ano ofértanse 250 prazas repartidas entre as dúas Residencias de Tempo Libre da Xunta, no Carballiño e Panxón (Nigrán), e no albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo)

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou hoxe a Residencia de Tempo Libre do Carballiño, coincidindo co inicio dos campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade. O primeiro grupo que chega ao Carballiño está formado por nenos de entre 11 e 14 anos e estarán no centro 10 días, desde esta tarde ata o 22 de xullo. O campamento chámase ‘Aventura na natureza’, e hai catro quendas para diferentes idades.Na edición deste ano ofértanse 250 prazas repartidas entre as dúas Residencias de Tempo Libre da Xunta, a do Carballiño e a de Panxon (Nigrán), e o albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo). Este programa está destinado a persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33% e con idades comprendidas entre os 11 e os 50. Os campamentos desenvolveranse ata setembro nun total de 15 quendas de 10 días de duración. O obxectivo destes campamentos é ofrecer alternativas de ocio accesible para todos.Ademais do aloxamento en réxime de pensión completa, realizaranse actividades dirixidas ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa natureza, ao coñecemento da nosa cultura ou á educación para a saúde. O equipo ao fronte dos campamentos estará formado por especialistas nos ámbitos educativo, sanitario, psicolóxico e terapéutico para que os participantes teñan todo o apoio que necesitan e desfruten ao máximo da estadía. Así mesmo, a Xunta continúa a reforzar a accesibilidade co uso de pictogramas e novas aplicacións tecnolóxicas para persoas con discapacidade.Con este programa, o Goberno galego ofrece ás persoas con discapacidade os recursos que precisan para desfrutar do verán e incide no benestar das familias, que teñen a tranquilidade de que os seus achegados están ben atendidos mentres elas poden tomarse un respiro e descansar dos seus coidados.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00h | 27 nov 2024 | boletín