Xunta de Galicia

A contratación de Internet crece en tres anos máis dun 20 % nos concellos galegos de menos de 5000 habitantes

A contratación de Internet crece en tres anos máis dun 20 % nos concellos galegos de menos de 5000 habitantes

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

A porcentaxe de fogares con este servizo contratado nestes municipios roza o 90 %, aproximándose ao 94,3 % da media galega

O uso de internet entre as persoas de 65 a 74 anos increméntase en máis dun 27 % entre 2020 e 2023

Preto do 64 % dos galegos e galegas merca online e máis do 78 % dos internautas empregan a banca electrónica

O 94,3 % das familias galegas dispón de acceso a Internet no fogar. Entre 2020 e 2023, a porcentaxe de fogares galegos con conexión a Internet aumentou un 4,4 %, mentres a media europea fíxoo no 2,3 %. O aumento foi especialmente significativo nos concellos con menos de 5.000 habitantes, onde se produciu un crecemento do 20,5 % neste mesmo período.A porcentaxe de usuarios de Internet nos últimos tres meses chega ao 91,5 %, o que representa aumento do 2,5 % en comparación co 2022. O crecemento máis significativo prodúcese no tramo de idade de entre 65 e 74 anos, no que o uso de internet increméntase un 27,5 %.Os datos corresponden ao estudo

elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.En 2023 un total de 890.005 fogares galegos tiña contratada unha conexión de Internet, o que supuxo un incremento de 36.545 fogares desde 2020.Os concellos que rexistraron o maior incremento na contratación deste servizo foron os de menos de 5.000 habitantes, cunha porcentaxe de 89,7 % no 2023 (un 3,7 % respecto ao ano anterior), o que supuxo un total de 3.815 fogares máis con internet contratada no último ano.Tamén se rexistrou un importante aumento na porcentaxe de fogares con conexión a Internet de máis de 100 Mbps, situándose no 32,7 % en 2023 fronte ao 27,2 % que rexistraba no ano 2020.No 2023, o 79,1 % do total de fogares galegos dispoñen de ordenador de sobremesa, portátil ou tablet. O maior crecemento ven dado polos ordenadores portátiles, un 1,7 % máis que o ano anterior, e que están presentes no 61,1 % dos fogares galegos.Ademais, o 27,8 % dos fogares galegos dispoñen dalgún dispositivo electrónico intelixente o que supón un incremento relativo do 59,7 % respecto ao ano anterior. Tamén aumentan nun 50 % os dispositivos de seguridade con conexión a internet, nun 20,2 % os altofalantes intelixentes e nun 12,6 % os fogares con smart tv.O dispositivo electrónico máis estendido entre os galegos e galegas é o smartphone, do que dispón o 92,6 % da poboación galega. O seu uso é universal nas persoas de 16 a 44 anos mentres que, entre as persoas maiores de 64 anos sitúase no 70,3 %.O número de internautas aumenta 2,5 % respecto ao ano anterior. O 91,5 % dos galegos e galegas de 16 a 74 anos utilizaron Internet nos últimos tres meses, o que implica un incremento de 70.070 internautas nos últimos catro anos.A fenda dixital en función da idade está a diminuír ano tras ano, e é importante destacar un notable aumento no nivel de dixitalización entre as persoas de 65 a 74 anos, cunha porcentaxe de usuarios de internet do 65,9 %.Respecto ao uso da rede en 2023, un 63,9 % dos galegos e galegas realizou compras por internet, 5,3 % máis que o ano anterior. Esta porcentaxe increméntase ata o 90,6 % entre os mozos e mozas con idades entre os 25 e 34 anos.No que respecta á administración electrónica, o 85,2 % dos internautas empregárona para buscar información e o 80,8 % enviaron formularios cubertos ás Administracións Públicas a través da Rede, cun incremento do 3,1 % respecto á edición anterior.Ademais, respecto a outros usos de internet o estudo sinala que o 98,5 % dos galegos e galegas que emprega internet usa mensaxería instantánea; o 88,6 % busca información sobre bens e servizo; o 86,6 % recibe ou envía correos electrónicos , o 81,7 % le noticias, xornais ou revistas en liña, un 79,6 % realiza chamadas por internet ou videoconferencias; e un 78,4 % emprega a banca electrónica.O 63,1 % das persoas que usaron Internet nos últimos 12 meses actualizan periodicamente, de xeito automático ou manual, algún dos seus produtos de seguridade. O estudo sitúa nun 14,4 % a porcentaxe dos internautas galegos que sufriron algún incidente de ciberseguridade no último ano.Os resultados detallados do informe

poden ser consultados en OSIMGA.GAL.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN