Xunta de Galicia

A Escola Galega de Saúde Pública forma aos profesionais das agrupacións de voluntariado de Protección Civil na prevención e control do mosquito tigre

A Escola Galega de Saúde Pública forma aos profesionais das agrupacións de voluntariado de Protección Civil na prevención e control do mosquito tigre

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O departamento sanitario galego vén de organizar unha xornada na que se abordaron diferentes aspectos relativos ao mosquito tigre así como información da vixilancia ambiental e entomolóxica que leva a cabo a Consellería de Sanidade

A formación estivo impartida por profesionais da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e da Universidade de Vigo

As agrupacións de voluntariado de Protección Civil de Moaña, Marín, Vilaboa, Pontevedra, Oitavén–Tea, Redondela, Mos e Vigo participaron onte nunha webinar sobre o mosquito tigre, no marco das actividades que organiza a Rede Galega de Vixilancia de Vectores (REGAVIVEC), co obxectivo de capacitar ao dito persoal das agrupacións da contorna da ría de Vigo, zona onde se atopou o ano pasado o mosquito tigre, na prevención e control deste vector en Galicia.A xornada, que contou coa participación da subdirectora xeral de Saúde Ambiental e Seguridade Alimentaria da Consellería de Sanidade, Inés Mato, foi impartida por profesionais da Dirección Xeral de Saúde Pública e da Universidade de Vigo, e todos eles membros da Rede Galega de Vixilancia de Vectores.Neste encontro abordáronse diferentes temas referentes á vixilancia realizada a través da propia rede galega ou a través de Mosquito Alerta, e sobre aspectos específicos relativos ao mosquito tigre, o seu o ciclo biolóxico, como son as súas picadas, as medidas preventivas en espazos abertos e como poden colaborar coa rede colocando unha trampa.Sinalar que a REGAVIVEC está coordinada pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, en colaboración coa Consellería de Medio Rural e as Universidades de Santiago de Compostela e Vigo, e o seu principal obxectivo é coñecer a distribución en Galicia dos vectores con interese en saúde pública como é o caso do mosquito tigre.Para máis información sobre a xornada:

Máis información sobre a REGAVIVEC e o mosquito tigre:

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 25 NOV 2025 | BOLETÍN