Xunta de Galicia

O gaivotón consolida a súa presenza no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia ao duplicar a súa poboación desde 2018

O gaivotón consolida a súa presenza no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia ao duplicar a súa poboación desde 2018

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O último censo da especie indica que hai catro parellas vivindo neste espazo protexido, fronte ás dúas contabilizadas cinco anos atrás, o que certifica o asentamento dunha ave mariña da que non había constancia na zona antes do ano 2005

A poboación de gaivotón (

) do Parque Nacional marítimo–terrestre das Illas Atlánticas de Galicia está a consolidarse nos últimos anos chegando a duplicarse desde 2018. Se daquela unicamente había constatada a presenza de dúas parellas desta ave no arquipélago, na actualidade son xa catro as que viven neste espazo protexido.O último censo anual (de 2023) certifica que na actualidade habitan dúas parellas na illa Vionta e outras dúas na illa de Sálvora, cando cinco anos atrás había só unha en cada illa. Ademais, estes exemplares tamén están dando bos resultados desde o punto de vista reprodutivo pois as dúas parellas de Sálvora lograron criar dous polos cada unha, mentres que unha das da illa Vionta conseguiu tres polos e a outra ningún.Estes datos son especialmente importantes tendo en conta que o gaivotón é unha das especies de aves mariñas que se incorporaron máis recentemente ao Parque Nacional. Os primeiros indicios de colonización observáronse en 2005 e a primeira nidificación confirmada produciuse en 2008 nos illotes de Sagres, en Sálvora.De feito, os exemplares rexistrados neste espazo protexido forman parte dunha poboación reprodutora máis ampla na ría de Arousa que en 2022 se estimou en dez parellas. Ás catro contabilizadas no Parque Nacional engádense outras seis que se reparten entre a illa de Rúa, os illotes Guidoiro Pedregoso e Guidoiro Areoso e a localidade de Ribeira.O gaivotón é unha ave mariña de grandes dimensións –pois conta cunha lonxitude duns 70 centímetros e unha envergadura de 165 centímetros– que se distingue por ter un manto negro, o corpo branco, as patas rosa pálido e un robusto peteiro.O comportamento reprodutivo desta especie tamén é particular pois, a diferenza doutras gaivotas que forman grandes colonias, adoita criar en parellas illadas e a miúdo no medio doutras especies de gaivotas. De feito, no ámbito do Parque Nacional tenden a establecer os seus territorios xunto ás poboacións de gaivota patiamarela.O seguimento do gaivotón no Parque Nacional marítimo–terrestre das Illas Atlánticas de Galicia realízase mediante censos anuais da poboación reprodutora empregando como unidade para o seu rexistro o “territorio aparentemente ocupado”, espazos que se localizan durante visitas ás colonias de gaivotas e facendo controis para verificar o éxito reprodutivo deses exemplares.A consolidación desta especie neste espazo protexido proporciona información valiosa sobre a dinámica das poboacións de aves mariñas na contorna e os procesos de colonización de novos hábitats. A súa presenza supón ademais enriquecer a biodiversidade do Parque Nacional e ofrece oportunidades únicas para a investigación e a observación de aves na comunidade.O caso do gaivotón é un exemplo máis da importancia de preservar os ecosistemas costeiros e mariños para a protección das especies migradoras e a expansión das súas áreas de distribución. O seguimento continuo desta poboación axudará a comprender mellor os factores que inflúen no seu éxito reprodutivo e na súa adaptación a longo prazo na zona.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

17:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN