Xunta de Galicia

López Campos comproba os avances na rehabilitación da capela de Cortegada que xa conta coa bóveda

López Campos comproba os avances na rehabilitación da capela de Cortegada que xa conta coa bóveda

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O titular de Cultura explica que a actuación pretende “incorporar este ben aos usos do Parque Nacional das Illas Atlánticas e recuperar a memoria dos seus habitantes”

Durante a intervención reconstruíuse, ademais da bóveda e o arco, as partes dos muros derrubadas, mentres que en breve comezará a colocación da cuberta

O proxecto, cun investimento de 600.000?, encádrase no compromiso do Goberno galego coa conservación, protección e posta en valor do patrimonio

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado pola directora xeral de Patrimonio, Mª del Carmen Martínez, comprobou hoxe o estado dos traballos de rehabilitación da capela da Virxe dos Milagres, na illa de Cortegada, nos que a Xunta inviste 600.000?. Unha actuación coa que, lembrou o responsable autonómico de Cultura, “pretendemos incorporar este ben aos usos do Parque Nacional das Illas Atlánticas, recuperando así un importante elemento da historia deste territorio e a memoria das xentes que o habitaron”.Na súa visita ás obras, puido observar a bóveda de canón e o arco, xa montados, e cuxa reconstrución partiu das pezas de cantería que se puideron recuperar tras o derrubamento producido na edificación. Así, López Campos incidiu en que se trata “dun proxecto de rehabilitación integral que nos vai permitir levantar de novo a capela e revalorizala como parte do noso patrimonio”. Tamén destacou a contorna na que se atopa a igrexa, a illa de Cortegada, á que se referiu como un espazo “de gran valor natural que o Goberno galego quere preservar ao tempo que se facilita o seu goce por parte da cidadanía cun modelo sustentable”.Neste senso, o proxecto promovido desde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, executado ao 50%, consiste na reconstrución da bóveda de canón do presbiterio e dos muros, ademais doutros traballos que teñen que ver coa limpeza e rexuntado nos muros aínda en pé e dos interiores do inmoble, conservando os restos de posible policromía existente.A intervención complétase coa execución dunha nova cuberta a base de estrutura de madeira, así como coa colocación de novas carpinterías de madeira en portas e de cristaleiras nas fiestras. Ademais, outro dos puntos recollidos no proxecto refírese a labores de saneamento e drenaxe do pavimento interior e ao acondicionamento do exterior da igrexa como son o adro, a escaleiras e o espazo que ocupaba o antigo hospital. O desenvolvemento da actuación conleva tamén unha investigación arqueolóxica de todo o conxunto.A illa de Cortegada alberga un importante bosque de loureiros e os restos do antigo poboado, nos que destaca a capela da Virxe dos Milagres, con vestixios da sancristía e do antigo hospital acaroados á súa fachada sur.No 2017 a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural realizou obras de consolidación das ruínas da igrexa, despois do seu derrubamento, e tamén se desenvolveron traballos de clasificación das pezas construtivas de muros, arcos, bóveda e cornixas.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN