Xunta de Galicia

López Campos gaba o traballo da Fundación Manolo Paz a prol da cultura co recoñecemento ao ferrolán David Barro

López Campos gaba o traballo da Fundación Manolo Paz a prol da cultura co recoñecemento ao ferrolán David Barro

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, participan na IX Xornada que cada ano organiza esta entidade

A edición deste ano dedícase a homenaxear a traxectoria do director do museo de arte contemporánea Es Baluard de Palma de Mallorca

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, asistiron hoxe á celebración da IX Xornada da Fundación Manolo Paz, unha cita impulsada polo propio escultor cambadés a prol da cultura e da arte galega que se celebra cada ano en recoñecemento ao legado de creadores e profesionais da cultura.No acto, o representante de Cultura da Xunta gabou o traballo feito pola Fundación Manolo Paz en beneficio da cultura e celebrou a decisión de homenaxear nesta edición ao ferrolán David Barro. Neste senso, López Campos referiuse ao galardoado, con máis de 25 anos de traxectoria, como “un gran embaixador da nosa cultura” desde o seu labor como comisario e director do museo de arte contemporánea Es Baluard de Palma de Mallorca.No marco destas xornadas impulsadas desde o espazo creativo e expositivo de Manolo Paz no lugar de Quintáns, tamén se celebran outras actividades que aglutinan coñecemento, arte ou natureza como é o caso da mostra Mariscadoras que se completa con pezas do propio escultor e que se pode visitar no espazo exterior da Fundación.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 25 NOV 2025 | BOLETÍN