Xunta de Galicia

Máis dun milleiro de persoas aspirantes optan ao proceso selectivo para cubrir máis dun cento de prazas de Policía Local nunha trintena de concellos

Máis dun milleiro de persoas aspirantes optan ao proceso selectivo para cubrir máis dun cento de prazas de Policía Local nunha trintena de concellos

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a listaxe de persoas admitidas unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes

As probas de acceso por oposición libre comezarán na segunda quincena de setembro co test de coñecemento

A Academia Galega de Seguridade Pública publicará nas próximas semanas outras convocatorias correspondentes a 22 prazas de categoría de oficial e 11 de inspector

Máis dun milleiro de persoas presentaranse ao proceso selectivo para optar a 116 prazas –84 por oposición libre e 32 por provisión de mobilidade– para os corpos de Policía Local de 32 concellos galegos, como se recolle nas listaxes provisionais de persoas admitidas publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG).O proceso de acceso por

comezará na segunda quincena de setembro co primeiro dos cinco exercicios: un test de coñecemento de 100 preguntas sobre o temario publicado, así como a proba de coñecementos do idioma galego para as persoas que non estean exentas. As persoas aspirantes que superen esta fase deberán someterse ás probas de aptitude física –velocidade, potencia de tren superior e inferior, resistencia xeral e natación– e, a continuación, ás psicotécnicas –intelixencia, personalidade e entrevista persoal, ademais do recoñecemento médico.Unha vez rematado o proceso dará comezo o curso selectivo, na Academia Galega de Seguridade Pública e os futuros axentes formarán parte da 17ª promoción de Policía Local da Agasp. Cómpre aclarar que collerán o relevo do alumnado da 16ª promoción que actualmente se está a formar na Academia e que o próximo mes de outubro, despois de estar de prácticas estes meses de verán nos seus concellos de destino, volverán ás aulas para rematar a formación teórica e poder ser nomeados funcionarios de carreira. Por outra parte, a

do proceso selectivo de Policía Local vai destinada a policías xa en exercicio que cambian de concello mediante sistema de concurso, segundo o baremo de méritos publicado.Os concellos que publican prazas nesta convocatoria por algunha das dúas modalidades son A Coruña, A Laracha, Bergondo, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cedeira, Malpica, Melide, Narón, Pontedeume, Ribeira, Sada, Santiago de Compostela, Teo, na provincia da Coruña; A Guarda, Baiona, Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa, na provincia de Pontevedra; os concellos lucenses de Chantada, Lugo e Ribadeo e o ourensán do Barco de Valdeorras.Cómpre engadir que nas próximas semanas están pendente de publicación no DOG outras dúas convocatorias. Trátase, por unha banda, de 22 prazas –15 por promoción interna e sete por provisión de mobilidade– para categoría de oficial dos corpos de Policía Local nos concellos coruñeses de Boiro, Carballo e Santiago de Compostela, nos ponvedreses de A Guarda, A Illa de Arousa e Vigo e no concello de Lugo.O outro proceso corresponde a 11 vacantes –oito por promoción interna e tres por provisión de mobilidade– de inspector en cinco municipios da comunidade: Boiro, Santiago de Compostela, O Barco de Valdeorras, Redondela e Vigo.Polo tanto, Boiro, Santiago de Compostela e Vigo convocan vacantes nestas dúas categorías de Policía Local.O prazo para inscribirse nestas convocatorias comezará despois de que o anuncio se publique no Boletín Oficial do Estado e permanecerá aberto durante 20 días hábiles a través da sede electrónica da Xunta

.A provisión por mobilidade, ao igual que no proceso da categoría de Policía Local, vai destinada a oficiais e inspectores xa en exercicio que cambian de municipio por concurso, de conformidade co baremo de méritos publicado na convocatoria correspondente.Na promoción interna o procedemento de selección será o de concurso–oposición. Deste axeito a fase de concurso non terá carácter eliminatorio e consistirá na valoración dos méritos alegados e xustificados, segundo o baremo publicado nas bases. No que se refire á fase de oposición contará con 3 exercicios: un test de coñecemento de 120 preguntas e un caso práctico relacionado co temario publicado e unha proba de coñecementos do idioma galego salvo para as persoas que estean exentas. Unha vez rematado o proceso dará comezo o curso selectivo, tamén na AGASP para cada categoría.A finais do ano 2017 a Xunta aprobou e publicou o decreto 115/2017 para regular a cooperación da Xunta cos concellos que, voluntariamente, decidan delegar na Administración autonómica a selección dos seus corpos de Policía Local. O obxectivo desta iniciativa é aforrar xestións, orzamento e tempo ás entidades locais, ao tempo que se dota ao proceso de maior transparencia e axilidade. Ademais, a confección de listas única facilita tamén a contratación.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

17:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN