Xunta de Galicia

O Mapa de Capacidades Dixitais de Galicia ofrece información sobre máis de 350 empresas e 1.300 produtos e servizos

O Mapa de Capacidades Dixitais de Galicia ofrece información sobre máis de 350 empresas e 1.300 produtos e servizos

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O directorio do centro tecnolóxico GaiasTech ten rexistradas 78 tecnoloxías desenvolvidas por empresas galegas

A rede de nodos de especialización tecnolóxica impulsou en 2023 un total de 225 iniciativas de colaboración público–privada con impacto en máis de 200 empresas

O Centro GaiasTech colabora coa rede CeMIT na formación dixital da cidadanía

Máis de 350 empresas forman parte xa do Mapa de Capacidades TIC de Galicia que xestiona o centro GaiasTech da Cidade da Cultura. Estas empresas tecnolóxicas ofrecen un total de 1.335 produtos e servizos que empregan 78 tecnoloxías diferentes. Os datos forman parte do balance de evolución da Estratexia Galicia Dixital 2030 (EGD2030) elaborado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.O balance destaca a aprobación do Plan DigiTalent 2030 para favorecer a creación, atracción e retención de talento dixital en Galicia. O catálogo do novo plan inclúe un total de 39 novas actuacións.O eixo transversal da EGD2030 aposta pola promoción da especialización tecnolóxica de Galicia para poñer estes avances ao servizo do benestar e cohesión da poboación, da vertebración do territorio e da xeración de riqueza.O centro GaiasTech concentra parte das actuacións dos nodos de colaboración en tecnoloxías como o despregue de redes de telecomunicacións no territorio, a ciberseguridade ou a intelixencia artificial. A rede de nodos impulsou en 2023 un total de 225 iniciativas de colaboración público–privadas, nas que participaron máis de 200 empresas. Ademais, as actividades organizadas polo GaiasTech recibiron cerca de 2.500 asistentes, 200 máis que en 2022.O GaiasTech tamén colabora activamente coas actividades de formación dixital da cidadanía e iniciativas promovidas pola rede CeMIT, que está formada por 94 aulas repartidas por toda Galicia.No ámbito da especialización tecnolóxica, o balance destaca como fitos de 2023 a proposta de elaboración da lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial, que xa está en fase de anteproxecto previa ao debate parlamentario; ou a creación da Comisión de Expertos para o asesoramento no desenvolvemento e uso ético da intelixencia artificial en Galicia.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

17:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN