Xunta de Galicia

Martina Aneiros supervisa en Narón as obras de construción dunha nova glorieta de acceso ao polígono de Río do Pozo

Martina Aneiros supervisa en Narón as obras de construción dunha nova glorieta de acceso ao polígono de Río do Pozo

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O proxecto, que conta cun orzamento de máis de 846.000 euros, inclúe a construción dunha segunda glorieta na intersección entre a estrada autonómica (AC–116) e a estrada provincial (DP–5408)

Con esta intervención o Goberno galego pretende mellorar a mobilidade na parroquia, ofrecendo aos seus veciños maior seguridade e comodidade nos seus desprazamentos, e unha mellora na competitividade da zona ao facilitar o tránsito cara ao polígono industrial

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde en funcións do Concello de Narón, Manuel Ramos, visitou esta mañá os traballos de construción dunha das dúas glorietas proxectadas pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas na estrada autonómica AC–116, na parroquia do Val.O proxecto, que conta cun investimento de máis de 846.000 euros, correspóndese coa construción dunha nova rotonda no cruce entre a AC–116 e a estrada da Deputación (DP–5408), á altura do quilómetro 4+120, que se denominou glorieta norte, e outra nesta vía autonómica para conectala co polígono de Río do Pozo, no quilómetro 3+360 (glorieta sur).É neste último punto onde se están a desenvolver actualmente as obras que inclúen ademais a habilitación dun novo viario de acceso ao polígono industrial. Ata o momento procedeuse a desprazar os servizos afectados e se esta a executar o movemento de terras, previo á construción desta glorieta que terá un diámetros de 42 metros. De forma paralela, trabállase na prolongación da vía desde o parque empresarial, onde xa se habilitou a drenaxe transversal con tubo de formigón.A delegada territorial lembrou que, con esta intervención, “o Goberno galego pretende mellorar a mobilidade na parroquia do Val, ofrecendo aos seus veciños maior seguridade e comodidade nos seus desprazamentos ao mesmo tempo que contribúe a mellorar a competitividade da zona ao facilitar o tránsito cara ao polígono industrial de Río do Pozo”.Concretamente, a glorieta sur, na que se está a traballar, conectará a estrada autonómica AC–116 coa autovía Ferrol–Vilalba (AG–64) a través do parque empresarial e está prevista no Plan sectorial da rede viaria de Ferrol e área de influencia. Con esta infraestrutura viaria evitarase o tráfico pola vía provincial no núcleo de Santa Margarida, beneficiando así aos veciños da zona.A glorieta norte, na zona do Val, executarase sobre a plataforma existente, realizando ensanches onde sexa necesario. Terá 32 metros de diámetros e permitirá mellorar a seguridade viaria nesta zona, substituíndo a actual intersección en cruz con carrís centrais de xiro á esquerda e cuñas de aceleración e desaceleración.As obras están sendo executadas pola empresa Lancer Proyectos y Obras S.A. e contan cun prazo de execución de 12 meses

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN