Xunta de Galicia

Medio Rural aposta pola certificación sustentable dos montes galegos, que xa acadou o obxectivo de superficie para 2030 fixado no Plan Forestal

Medio Rural aposta pola certificación sustentable dos montes galegos, que xa acadou o obxectivo de superficie para 2030 fixado no Plan Forestal

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

En Galicia, o terreo certificado baixo o sistema PEFC –o de maior implantación internacional– achégase xa ás 460.000 hectáreas en total, das que a Xunta xestiona máis de 164.000, a súa maior parte de montes veciñais en man común

A nosa comunidade é, tras Castela e León, a que máis hectáreas ten certificadas en España por este sistema, que garante as boas prácticas no monte e asegura a produción respectuosa coas normas ambientais, sociais e éticas

Estes bos resultados puxéronse en valor nunha recente xuntanza de traballo da conselleira María José Gómez con responsables de PEFC Galicia, na que tamén participou o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan

A Xunta aposta pola certificación de sustentabilidade dos montes galegos, que avanza con paso firme e que xa acadou, en superficie, o obxectivo marcado para 2030 no Plan Forestal de Galicia (PFG), por mor do importante incremento na ordenación destes terreos. Así, na nosa comunidade a superficie forestal certificada baixo o sistema PEFC –o de maior implantación no contexto internacional– aproxímase xa ás 460.000 hectáreas en total, das que a Xunta xestiona máis de 164.000, a súa maior parte correspondente a montes veciñais en man común que teñen convenio co Goberno galego.Todos estes datos puxéronse en valor nunha recente reunión de traballo da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, con responsables de PEFC Galicia, na que tamén participou o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan. Neste encontro, os responsables da Consellería reafirmaron o seu compromiso con este tipo de certificacións, que promoven as boas prácticas no monte e aseguran a produción respectuosa coas normas ambientais, sociais e éticas. Ademais, a madeira e outros produtos obtidos nos espazos certificados garanten ao consumidor, a través do selo que figura neles, a súa sustentabilidade.Desta forma, a nosa comunidade é, tras Castela e León, a que máis hectáreas ten certificadas en España por este sistema, superando o 16% do total nacional. Nesta liña, hai que recordar tamén que o 98% da propiedade forestal galega é de natureza privada, cun peso moi importante dos montes veciñais en man común.Cómpre lembrar, por tanto, que o obxectivo do devandito Plan Forestal de Galicia 2021–2040 “Cara a neutralidade carbónica” para 2035 está tamén a piques de ser cumprido, pois está establecido no medio millón de hectáreas certificadas. A maiores, prevese que a superficie certificada se incremente nos próximos anos grazas á inclusión automática dos montes xestionados polo Goberno galego no Sistema de Xestión Forestal Sostible.Desta forma, a Consellería puxo de relevo a riqueza e as posibilidades de futuro que presentan os montes da nosa comunidade autónoma, así como os obxectivos do sector forestal galego e as iniciativas vencelladas a el. Así mesmo, na xuntanza destacouse que o sistema PEFC conta con máis de 295 millóns de hectáreas certificadas en 56 países de todo o mundo.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN