Xunta de Galicia

Medio Rural continúa os contactos cos consellos reguladores da Ribeira Sacra e O Ribeiro na procura de solucións aos excedentes de viño nestas denominacións

Medio Rural continúa os contactos cos consellos reguladores da Ribeira Sacra e O Ribeiro na procura de solucións aos excedentes de viño nestas denominacións

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Responsables da Consellería reuníronse hoxe de novo con representantes de ambas denominacións de orixe por este motivo

A Xunta vén traballando cos consellos reguladores e as adegas e ademais solicitou a destilación de crise ao Ministerio de Agricultura, unha medida cuxa aprobación está pendente da correspondente resolución da UE

Os directores xerais de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño; e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, reuníronse hoxe en San Caetano con representantes dos consellos reguladores do Ribeiro e da Ribeira Sacra.Esta xuntanza forma parte da rolda de contactos que veñen mantendo os responsables da Consellería do Medio Rural co sector do viño nos últimos meses, para avanzar na procura de solucións diante da problemática puntual dos excedentes de produción. Neste sentido, cómpre lembrar que a Xunta actuou, sempre escoitando aos consellos reguladores de ambas denominacións, desde o primeiro momento. Por iso, solicitou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (Mapa) a destilación de crise do excedente do viño e atendeu todos os requirimentos de información solicitados.Mantivéronse tamén reunións coas principais bodegas afectadas, unhas conversas que continúan a día de hoxe, como así o demostra esta xuntanza, para traballar man a man co sector mentres non se resolve o expediente da destilación, así como para abordar outro tipo de medidas. Cómpre recordar que por agora non existe unha resolución oficial por parte da Unión Europea sobre esta cuestión.Do mesmo xeito, hai que lembrar o apoio da Consellería a este sector mediante diferentes liñas de axuda, como son as destinadas aos propios consellos reguladores para financiar os seus gastos de funcionamento, a impulsar a elaboración e comercialización de viño, para a reestruturación e reconversión de viñedo, así como a promoción do produto en mercados de terceiros países. Precisamente, esta última convocatoria sairá publicada no Diario Oficial de Galicia o vindeiro martes 13 de agosto.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN