Xunta de Galicia

Medio Rural insta ao SLG a apoiar a demanda de Galicia ao Ministerio para que habilite as axudas comprometidas pola EHE e permita incluír nelas o custo da vacina

Medio Rural insta ao SLG a apoiar a demanda de Galicia ao Ministerio para que habilite as axudas comprometidas pola EHE e permita incluír nelas o custo da vacina

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A conselleira María José Gómez reuniuse en San Caetano coa secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Isabel Vilalba, e con responsables desta organización profesional agraria, para abordar, entre outros asuntos, a situación da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica

A titular de Medio Rural remitirá unha carta ao ministro Planas con esta reclamación, para a que se busca o consenso co sector, en beneficio dos gandeiros afectados

Ao tempo, hai escasos días a Xunta alegou o borrador de Real Decreto que regulará estas cuestións pedindo que se concreten prazos para a súa aplicación e que se estableza un baremo común, a nivel nacional, para indemnizar os animais mortos

A Consellería do Medio Rural insta ao Sindicato Labrego Galego (SLG) a apoiar a demanda trasladada desde Galicia ao Goberno central para que habilite canto antes as axudas comprometidas aos gandeiros polos danos da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE), así como para que se permita tamén financiar o custo da subministración da vacina, que xa está dispoñible no mercado dende a semana pasada.Así se solicitou esta mañá nunha reunión presidida pola titular de Medio Rural, María José Gómez, aos responsables do SLG, coa súa secretaria xeral, Isabel Vilalba, á fronte. Unha xuntanza de traballo na que tamén participaron os directores xerais de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño.No encontro, os representantes da Xunta expuxeron a necesidade de que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (Mapa) active, mediante o correspondente Real Decreto, os 15 millóns de euros comprometidos para esta finalidade. Explicaron que urxe adoptar esta medida para que as comunidades autónomas poidan, á súa vez, habilitar as correspondentes ordes de axudas e facer chegar os fondos á maior brevidade posible aos gandeiros, tendo en conta o axustado dos prazos a estas alturas do ano.Neste contexto, a conselleira remitirá unha carta ao ministro Planas con esta demanda e o Goberno galego está achegando posturas coas organizacións profesionais agrarias, como así o fixo a semana pasada con Unións Agrarias e Asaga, para incorporar o seu apoio a estas xestións, en beneficio dos gandeiros afectados.Cómpre lembrar que a Xunta foi pioneira en regular e habilitar, xa no 2023, unha liña de indemnizacións –que segue aberta– para compensar os animais falecidos a consecuencia desta doenza e que ata o de agora se achegaron máis de 196.000 euros en Galicia por esta causa.Ao mesmo tempo, a Xunta alegou xa o borrador de Real Decreto que regulará estas cuestións pedindo que se concreten prazos para a súa aplicación, así como unha maior flexibilidade nos mesmos para poder executar os fondos en 2025, e que se estableza un baremo común, a nivel nacional, para indemnizar os animais mortos.Esta reunión entre os responsables da Consellería do Medio Rural e os representantes do Sindicato Labrego Galego serviu como toma de contacto entre ambas partes, e nela abordáronse ademais outras cuestións de interese para o sector agrogandeiro da nosa comunidade autónoma.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN