Xunta de Galicia

Medio Rural organiza accións sobre o desempeño de diferentes actividades dentro do sector agrario

Medio Rural organiza accións sobre o desempeño de diferentes actividades dentro do sector agrario

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Estes cursos enmárcanse dentro do plan de formación continua habilitante para o agro galego, que conta cun orzamento de 216.000 euros cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PEPAC 2023–2027

Ofértanse cursos vencellados co benestar animal, a ordenación sectorial de producións gandeiras, o uso profesional de produtos fitosanitarios e clasificación de canais en matadoiros

A data e lugar no que se celebrarán os cursos anunciarase proximamente, cun mínimo de 10 persoas por cada acción formativa, pero as persoas interesadas xa poden realizar unha preinscrición

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, vén de aprobar o plan de formación continua habilitante para o agro galego, mediante o cal se organizarán diferentes cursos e accións formativas. Este plan conta neste 2024 cun orzamento de 216.000 euros cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC (PEPAC) 2023–2027.A finalidade principal deste plan é facilitar o acceso á formación necesaria para o desempeño dalgunha actividade dentro do sector agrario. Ofértanse cursos relacionados co benestar animal, a ordenación sectorial de producións gandeiras, o uso profesional de produtos fitosanitarios e clasificación de canais en matadoiros.No caso do benestar animal, as accións formativas están dirixidas a persoal de explotacións gandeiras e aos condutores e coidadores de vehículos de estrada de transporte de animais vivos. O obxectivo destes cursos é que os asistentes adquiran a capacidade, os coñecementos e a competencia profesional necesarios para o desempeño da súa actividade profesional no ámbito da protección animal.Por outra banda, aqueles cursos relacionados coa ordenación sectorial de producións gandeiras están destinados a aqueles profesionais de explotacións que traballen con gando porcino, avícola e bovino, co fin de que conten cos coñecementos necesarios relacionados co manexo, sanidade, hixiene e bioseguridade e a xestión ambiental.Están a organizarse tamén cursos dirixidos aos usuarios profesionais de produtos fitosanitarios co fin de divulgar os coñecementos apropiados para exercer esta actividade. Por último, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria deseñou unha acción formativa relacionada coa clasificación de canais en matadoiros. Poderán asistir agricultores, gandeiros, silvicultores gandeiros e silvicultores con producións con orientación comercial ou con expectativa de incorporación, incluídos os membros da compañía familiar e as persoas asalariadas da explotación. Tamén poderán inscribirse os asalariados das empresas de servizos agrarios e da industria transformadora.As persoas interesadas en realizar unha presolicitude terán que solicitala de xeito telemático a través da seguinte

, inserindo o código do curso ou seleccionando nas seccións de búsqueda habilitadas. As datas e lugares de impartición dos cursos anunciaranse proximamente, unha vez se acade o mínimo de 10 persoas preinscritas para a acción formativa solicitada. Tamén se poden consultar

outras cursos que se ofertan desde Medio Rural. Ligazón á preinscrición:

Ligazón á oferta formativa:

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

17:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN