Xunta de Galicia

Medio Rural salienta a importancia das agrupacións forestais de xestión conxunta para mellorar o futuro do monte galego

Medio Rural salienta a importancia das agrupacións forestais de xestión conxunta para mellorar o futuro do monte galego

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, instou á cooperación entre propietarios forestais co obxectivo de fomentar unha xestión sustentable e diversificada do territorio

Estas e outras cuestións tratáronse no marco das xornadas informativas “Presente e futuro dos montes” organizadas pola asociación de propietarios de montes A Croa de Camariñas

A Xunta de Galicia destinou en 2024 preto de 2,4 millóns de euros a axudas para o fomento das agrupación forestais de xestión conxunta e o asociacionismo forestal

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, participou hoxe nas xornadas informativas “Presente e futuro dos montes. Novas oportunidades e retos” organizadas pola asociación de propietarios de montes A Croa do concello de Camariñas. Neste contexto, Chan salientou a importancia das agrupacións forestais de xestión conxunta como instrumentos de mellora do rural galego, que promoven a ordenación e xestión do territorio da nosa comunidade, e son unha ferramenta útil para a garantir a multifuncionalidade do monte galego.Así, esta iniciativa, recollida na Lei de recuperación da terra agraria e na Lei de montes de Galicia, supoñen a xestión conxunta de parcelas e recursos que nelas se atopan de forma voluntaria. José Luis Chan destacou a situación doutros países como Finlandia, onde o 85% dos propietarios están asociados localmente para beneficiarse tamén no referente á comercialización.A maiores, o director subliñou o apoio da Xunta a esta iniciativa a través de axudas para o fomento das agrupacións forestais de xestión conxunta e o asociacionismo forestal dotadas cun orzamento de preto de 2,4 millóns de euros no 2024 e das que proximamente se coñecerá a súa resolución. Estas distribúense en tres liñas de achegas: para divulgación, comercialización e para creación e apoio destas agrupacións forestais de xestión conxunta. O montante destinado a esta última é de máis de 1,7 millóns de euros.Desta forma, Chan puxo en valor as fortalezas de Galicia para avanzar nesta ferramenta, que repercutirá de forma positiva no ámbito económico, social, medioambiental e histórico–cultural, e permitirá paliar outros factores limitadores do noso territorio como a ampla presenza do minifunfismo.Así, a Consellería do Medio Rural reitera o seu compromiso coa planificación e ordenación do territorio e prevé a continuidade destas achegas cara os vindeiros anos.Esta iniciativa está aliñada coa primeira revisión do Plan Forestal de Galicia 2021–2040, cara á neutralidade carbónica, aprobado polo Decreto 140/2021, do 30 de setembro, que se estrutura en distintos eixos estratéxicos de intervención para o deseño e execución da política forestal galega.Concretamente esta convocatoria de axudas contribúe a acadar os obxectivos estratéxicos do eixe III 1.2 do Programa de fomento de agrupacións forestais de xestión conxunta.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN