Xunta de Galicia

'Ópticas contemporáneas' programa no Gaiás tres concertos singulares de outono que conectan a música actual con Vivaldi, a historia e a antropoloxía

‘Ópticas contemporáneas’ programa no Gaiás tres concertos singulares de outono que conectan a música actual con Vivaldi, a historia e a antropoloxía

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O ciclo inclúe a estrea en Galicia dunha obra composta especificamente para o multinstrumentista Abraham Cupeiro polo coñecido compositor compostelán Fernando Buide

A innovadora proposta ‘Mudar a pel’ achegará conceptos das ciencias sociais a través da música e o audiovisual, e a Real Filharmonía de Galicia interpretará unha versión contemporánea de ‘As catro estacións’ de Vivaldi

As actuacións serán nas tardes da fin de semana os días 15 de setembro, 18 de outubro e 16 de novembro e as entradas poden adquirirse desde hoxe a través de Ataquilla

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de anunciar os concertos que forman a segunda edición de Ópticas contemporáneas, ciclo que nesta ocasión explora a diversidade das composicións actuais e a súa relación coa antropoloxía, a historia e a música clásica. Serán tres actuacións a celebrar nas tardes do domingo 15 de setembro, o venres 18 de outubro e o sábado 16 de novembro no Museo Centro Gaiás.Ópticas contemporáneas inicia coa actuación do Ensemble Música Práctica con Abraham Cupeiro como convidado especial. O multinstrumentista e luthier galego, coñecido polo seu traballo de recuperación de instrumentos antigos, interpretará La constelación de Sagitario, peza en estrea que o consagrado compositor compostelán Fernando Buide concibiu de maneira especial para Cupeiro. A obra é un encargo da Xunta de Galicia en colaboración coa Quincena Musical de San Sebastián dentro das súas accións de apoio á creación artística.No programa deste primeiro concerto, o domingo 15 de setembro ás 19,00 horas, escoitaranse tamén fragmentos do Horóscopo do alemán Karlheinz Stockhausen, ademais de dúas composicións dos autores contemporáneos Leonardo Balada (Cataluña) e Joseba Torre (País Vasco), unidos con Buide pola súa formación e traxectoria.O ciclo segue en outubro, o venres 18 ás 20,00 horas, coa representación de Mudar a pel, un traballo que conecta antropoloxía, paisaxes sonoras, audiovisual e literatura nunha experiencia escénica para sentir co corpo enteiro. A investigadora e profesora Mari Luz Esteban, o musicólogo e gaiteiro Llorián García, e o historiador e artista sonoro Andrés Rodrigues dan forma a unha obra singular que leva á escena cuestións fundamentais que afectan á sociedade nos nosos días, como as violencias, a degradación ambiental ou a saúde mental. O proxecto é resultado da primeira residencia de investigación e experimentación artística impulsada en conxunto polo Incipit–CSIC e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.A Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Baldur Brönnimann, pecha esta edición de Ópticas contemporáneas o sábado 16 de novembro ás 20,00 horas coa interpretación The Four Seasons Recomposed. A peza, creada polo influente compositor británico–alemán Max Richter no 2012, revisa, desde unha aproximación minimalista, o clásico As catro estacións de Vivaldi.Richter é coñecido a nivel internacional pola súa fusión de música clásica con electrónica, que ten levado con éxito a teatros e auditorios de todo o mundo e tamén ao audiovisual máis recente. As súas creacións forman parte de numerosas bandas sonoras de cine e televisión, como os filmes Arrival e Ad Astra, ou as series The Leftovers e Black Mirror, entre outras moitas.As entradas para cada concerto poden adquirirse xa a través de Ataquilla.com e no despacho de billetes do Museo Centro Gaiás. Tamén se pode consultar máis información do ciclo na web

.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN