Xunta de Galicia

O Plan de Protección Civil de Salvamento nas Praias de Galicia conta con case medio cento de concellos adheridos

O Plan de Protección Civil de Salvamento nas Praias de Galicia conta con case medio cento de concellos adheridos

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

O Plan Sapraga estará vixente ata o 30 de setembro para garantir este verán a cobertura das emerxencias nas zonas de baño

A adhesión das entidades locais é voluntaria para os municipios con augas de baño censadas no Servizo Galego de Saúde e permite unha maior coordinación en caso de incidencias ao poder contactar de xeito directo desde o CIAE 112 co servizo de socorrismo correspondente

A Xunta coordina o Plan de Protección Civil de Salvamento nas Praias de Galicia (Sapraga), activo desde o 1 de xuño ata o 30 de setembro, co obxectivo de garantir a cobertura das emerxencias nas zonas de baño, establecendo os procedementos de comunicación e coordinación cos servizos de emerxencias de Galicia (Platerga) no caso de emerxencias extraordinarias.O Sapraga actívase con carácter estacional durante a época estival e, tendo en conta o marco competencial en materia de praias, a adhesión ten carácter voluntario para os concellos que teñan augas de baño censadas no Servizo Galego de Saúde (Sergas). Poden adherirse cantas praias estean no censo, debendo contar con servizo de socorrismo e Plan de Prevención e Seguridade segundo se determina no Plan. Actualmente están adheridos case medio cento de concellos: 23 na provincia da Coruña, 16 da de Pontevedra, seis da de Lugo e tres da de Pontevedra.Pese a que a adhesión ao plan é voluntaria por parte das entidades locais, permite unha maior coordinación na resposta a accidentes ou emerxencias que se produzan nas zonas de baño, ao poder contactar directamente desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia cos servizos de socorrismo ante unha chamada de emerxencia.Cómpre engadir que formar parte do Sapraga é un dos criterios que se tivo en conta na concesión de axudas para a prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas descubertas aos 185 concellos galegos beneficiarios.Trátase dun dos criterios de valoración da convocatoria, dotada con 1,5 millóns de euros, xunto con outras variables como o número de zonas de baño do concello inscritas no Rexistro de Augas de Baño de Galicia, a poboación do municipio, o número de bandeiras azuis ou a declaración como municipio turístico galego. Neste exercicio houbo un 20% máis de entidades locais beneficiarias que o ano pasado e recibirán apoio da Xunta para financiar os custos salariais do persoal de socorrismo –tanto propio da entidade local destinado a este servizo como a súa prestación de a través dunha empresa externa– no período do 1 de xuño ao 30 de setembro.Representantes da Xunta, da Fegamp, 061, Cruz Vermella voluntarios de agrupacións de Protección Civil, Gardacostas e responsables en medio ambiente e turismo celebraron o pasado maio a reunión do comité asesor do Plan Sapraga previa á súa posta en marcha para establecer os procedementos de comunicación e coordinación cos servizos de emerxencias de Galicia (Platerga) no caso de emerxencias extraordinarias. Ademais, na actualización deste ano integráronse catro novas áreas de baño, situadas nos concellos coruñeses de Boiro, Camariñas, A Coruña e Ferrol.Unha vez finalice a vixencia do plan a finais de setembro celebrarase outro encontro no avaliar e dar conta das praias adheridas e as incidencias atendidas, así como a inclusión de melloras que redunden na seguridade da poboación.A través deste plan sectorial de carácter preventivo e operativo, aténdense as emerxencias ordinarias no espazo das praias. En caso de emerxencia extraordinaria, a proposta do CIAE 112 Galicia, e previa valoración do risco pola Axencia Galega de Emerxencias (Axega) e o director xeral de Emerxencias e Interior, actívase o Platerga no nivel que corresponda, activando os grupos operativos que sexan necesarios e quedando nese momento integrado o Servizo Público de Prevención e Socorrismo da Praia no grupo de intervención do Platerga.O Sapraga está dirixido polo director xeral de Emerxencias e Interior, coa misión de asegurar o bo funcionamento do plan, o seguimento e avaliación das actuacións, e garantir a integración no Platerga e o enlace cos plans de contaminación mariña e o de Salvamento Marítimo.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 25 NOV 2025 | BOLETÍN