Xunta de Galicia

Os Premios Boas Prácticas de Educación Inclusiva da Xunta recoñecerán o traballo de oito centros educativos

Os Premios Boas Prácticas de Educación Inclusiva da Xunta recoñecerán o traballo de oito centros educativos

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O obxectivo é impulsar a atención á diversidade e o bo clima nas aulas poñendo en valor o labor que se desenvolve nos centros neste sentido

Haberá oito recoñecementos, dotados con ata 5.000?, e o prazo de solicitude está aberto ata o 30 de setembro

A Xunta de Galicia ten aberto ata o 30 de setembro o prazo para que os centros docentes públicos presenten a súa candidatura aos

. O obxectivo desta convocatoria é impulsar a atención á diversidade e o bo clima nas aulas poñendo en valor o labor que se está a desenvolver nos centros de ensino. Promóvese así unha escola que garanta o estímulo das capacidades de todo o alumnado e contribúa á creación de contornas e culturas inclusivas.Poderán acadar estes recoñecementos un total de oito centros. A convocatoria establece dúas modalidades, con primeiro (dotado con 5.000?), segundo (dotado con 2.500?), terceiro premio (dotado con 1.000?) e mención de honra (dotada con 500?) en cada unha delas. A categoría A está dirixida a centros de Educación Infantil e Primaria e a B aos de ESO, Bacharelato, FP, formación de persoas adultas e Ensinanzas de Réxime Especial (deportivas, de idiomas e artísticas).Os centros galardoados co primeiro premio recibirán o distintivo de Centro Educativo Inclusivo. Ademais, o profesorado implicado recibirá unha certificación de premio de innovación educativa cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e 20 horas para o profesorado participante.As solicitudes, xunto coa documentación requirida, dirixiranse á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, e presentaranse por medios electrónicos. Para optar a estes premios, os centros interesados deberán presentar unha memoria descritiva co contexto socioeducativo do centro, as accións levadas a cabo para o fomento da inclusión educativa, a implicación da comunidade escolar e da contorna, a repercusión das actividades realizadas e a avaliación dos resultados acadados co desenvolvemento do proxecto, entre outra documentación.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

18:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN