Xunta de Galicia

Román Rodríguez mantén unha reunión de traballo para planificar a construción do futuro edificio do CESGA

Román Rodríguez mantén unha reunión de traballo para planificar a construción do futuro edificio do CESGA

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Tras a captación de 47,7M? de fondos europeos, o Goberno galego xa está traballando nos preparativos desta nova infraestrutura

O titular de Ciencia aplaude o proxecto do Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia e o liderado da comunidade neste ámbito

A Xunta de Galicia xa traballa nos preparativos para construír o futuro edificio do Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA) tras a captación de 47,7M? de fondos europeos. Con estes fondos do mecanismo de Recuperación e Resiliencia, no marco do PERTE Chip, o Goberno galego construirá un edificio para albergar as novas infraestruturas coas que contará o CESGA, tamén financiadas por esta vía.“O novo edificio debe incorporar unha serie de características técnicas singulares, propias deste tipo de infraestruturas, polo que xa estamos dando os primeiros pasos de análise coa valoración de distintas localizacións e parcelas”, afirmou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, na reunión de traballo na que participaron a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo; o director do CESGA, Lois Orosa, e co CEO da empresa B–Global, Lluis Gironella, dentro da rolda de contactos que se están mantendo para coñecer outras experiencias de éxito relacionados con data center noutros países.Esta actuación suporá un importante incremento da capacidade de cálculo e almacenamento científico do CESGA, o que permitirá que a comunidade científica galega e o CSIC que avancen máis rapidamente na xeración de coñecemento e na innovación en practicamente todos os ámbitos de investigación. “Este fito amosa a gran calidade e a competitividade do proxecto do CESGA e o liderado de Galicia neste ámbito”, salientou o representante da Xunta.O novo edificio do Cesga albergará as novas infraestruturas tecnolóxicas actualizadas e a os equipos de supercomputación renovados do centro, onde destaca a implantación do FinisTerrae IV. Así mesmo, tamén se implantará unha gran infreaestrutrua para almacenamento e tratamento masivo de datos científicos que poida dar resposta ás crecentes demandas da comunidade científica galega e do CSIC.Ademais, os fondos europeos permitirán que a Xunta realice o despregamento dunha infraestrutura que permita avanzar na exploración e explotación dos paradigmas da computación cuántica.Deste xeito, este proxecto facilitará profundizar máis en materias como a física de altas enerxías, a climatoloxía, a meteoroloxía, a oceanografía, a ciencia de materiais, as ciencias da vida, o deseño de fármacos, a medicina personalizada, a intelixencia artificial, a sustentabilidade, a optimización de procesos industriais e moito máis. Achegará, tamén, vantaxes competitivas aos grupos de investigación que son usuarios do nodo CESGA como membros da Infraestrutura Científico e Técnica Singular (ICTS) integrada na Rede Española de Supercomputación (RES), ante a crecente demanda destes.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN