Xunta de Galicia

Rueda compromete colaboración para impulsar os proxectos conxuntos coa cidade de Lugo e pide celeridade na tramitación municipal

Rueda compromete colaboración para impulsar os proxectos conxuntos coa cidade de Lugo e pide celeridade na tramitación municipal

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Reafirma a súa aposta para construír o centro de saúde do Sagrado Corazón, pero pide colaboración do concello na adecuación da parcela

Salienta a aposta da Xunta por construír vivenda pública na cidade, e solicita ao Goberno local axilidade na escolla da parcela que substituirá á inicialmente prevista no Castiñeiro

Avanza que en outono se levará a cabo unha nova avaliación ambiental para buscar un trazado de consenso na construción da Rolda Leste

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse hoxe coa alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, a quen lle comprometeu a máxima colaboración para impulsar os proxectos conxuntos entre a Administración autonómica e a local, e a quen solicitou tamén celeridade en todos os trámites municipais.Así o explicou hoxe na súa comparecencia ante os medios, tras un encontro que cualificou de “cordial, afable e bastante executivo” e que servirá para afianzar as canles de colaboración entre ambas administracións, mesmo con reunións anuais.Entre outros asuntos, o presidente da Xunta reafirmou o compromiso do Goberno galego coas infraestruturas sanitarias na cidade de Lugo, con proxectos xa en funcionamento, e con outros previstos, como a construción do novo centro de saúde do Sagrado Corazón. Rueda trasladoulle á alcaldesa a necesidade de segregar coa maior celeridade posible, a parte dos terreos que o concello cedería para levar a cabo esa obra, sen prexuízo de que nun futuro se poidan acometer novas actuacións no resto da parcela de propiedade municipal.Sen saír do ámbito social, Rueda tamén informou á alcaldesa de como avanzan os trámites para a posta en marcha da residencia da Fundación Amancio Ortega, que habilitará 120 prazas públicas para maiores, toda vez que onte o concello deu a licenza municipal. En concreto, avanzou que hoxe mesmo xa se comezou a chamar aos primeiros usuarios, e lembrou os esforzos do Goberno galego nas adaptacións doutras residencias de maiores da cidade.No encontro, tamén abordaron as políticas de promoción de vivenda pública que está acometendo a Xunta na cidade. Así, recordou as case 100 vivendas que se rehabilitaron na Tinería, e as 146 cuxo proxecto está en tramitación na avenida Paulo Fabio Máximo. Ademais, Rueda lembrou que había outras 58 proxectadas inicialmente nunha parcela no Castiñeiro, que se descartou. Actualmente o concello xa ten sobre a mesa tres propostas que substituirían eses terreos, e estase á espera de que decida que alternativa considera a máis idónea, polo que o presidente pediu celeridade para poder seguir avanzando.Ademais, o presidente e a alcaldesa abordaron outros asuntos relacionados con infraestruturas. En canto á Rolda Leste, Rueda avanzou que se mantén o compromiso da Xunta con este proxecto, que en outono se someterá a unha nova avaliación ambiental para buscar un trazado de consenso. Tamén invitou á rexedora a sumarse a unha fronte común para solicitar melloras nas deficitarias conexións ferroviarias da cidade, para reclamar conxuntamente que se cumpran os compromisos que foran adquiridos coa cidade.Así mesmo, avanzaron noutros asuntos de interese, como as infraestruturas deportivas, entre elas a reforma do estadio Anxo Carro; ou infraestruturas no polígono das Gándaras, onde coincidiron na proposta de construír un aparcadoiro para camións.Por último, o presidente da Xunta amosou a vontade de colaborar en calquera solicitude en materia de abastecemento e saneamento que presente o Goberno local, sempre que estea fundamentada.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

10:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN