Xunta de Galicia

Rueda destaca que Galicia lidera un proxecto para a modernización e mellora da sustentabilidade do sector lácteo español

Rueda destaca que Galicia lidera un proxecto para a modernización e mellora da sustentabilidade do sector lácteo español

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Salienta que o obxectivo é que o sector primario colla “o tren do futuro” sen perder “a súa esencia e tradición”

Resalta “o potente sector lácteo de Galicia” que sitúa a comunidade galega como principal produtora de leite de España e entre as dez primeiras de Europa

A Xunta apoia ao sector lácteo cunha Estratexia de dinamización propia ou ferramentas dixitais para facilitar a xestión das explotacións e conta coa Oficina Económica de Galicia para informar e asesorar as empresas sobre os fondos europeos

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou esta mañá que Galicia lidera o proxecto ‘SMARTZ4MILK Cadea de Valor Láctea Intelixente, Trazable, Sostible e Conectada’ –no que colaboran outras catro comunidades– para a modernización e mellora da sustentabilidade do sector lácteo. Durante a presentación desta iniciativa –promovida polo Clúster Alimentario de Galicia e no que participan empresas tecnolóxicas, da industria láctea e universidades–, o presidente salientou a importancia de sumar “esforzos” para que o sector primario “pegue un salto fundamental” e aproveite as oportunidades que dan as novas tecnoloxías. “Sen perder a súa esencia e a súa tradición que é un tesouro”, o sector non pode deixar escapar “o tren do futuro”, indicou Rueda.No acto, no que estivo acompañado pola conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, e a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, Rueda fixo fincapé en que o sector lácteo galego é un referente internacional e un dos principais motores da economía de Galicia. A comunidade galega é a autonomía co maior produción toda España –o 42% do leite ten orixe galega–, está entre as dez máis importantes de Europa e concentra máis da metade dos gandeiros que hai no país. A Xunta está comprometida co apoio a este sector desde hai anos con medidas coma a Estratexia de dinamización do sector lácteo –para mellorar a competitividade e sustentabilidade–; a Contaláctea –unha ferramenta dixital para facilitar a xestión das explotación– ou estando sempre ao lado de gandeiros, industria e distribuidores para que este produto teña un prezo acorde a súa excelencia e calidade. A iniciativa SMARTZ4MILK enmárcase no Perte agroalimentario, do que xa recibiu 9,7 millóns de euros, e busca solucións tecnolóxicas para mellorar a trazabilidade dos produtos desde as granxas ata que chegan aos consumidores, reducir os residuos e emisións do sector ou mellorar a rendabilidade das explotacións. Galicia lidera unha iniciativa na que tamén colaboran Asturias, Cantabria, Andalucía e Cataluña. Un proxecto que permitirá, segundo Rueda, que “o potente sector lácteo galego siga ocupando a posición que lle corresponde”.A Xunta ten en marcha a Oficina Económica de Galicia que actúa como un único canle para centrar a comunicación e asesoramento ao tecido empresarial da comunidade e no que as empresas poden recibir todo tipo de información e orientación sobre as convocatorias abertas para fondos europeos, requisitos ou trámites a realizar.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 28 NOV 2024 | BOLETÍN