Xunta de Galicia

O Servizo de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta intercambia formación, coñecementos e experiencias cunha delegación de Estonia

O Servizo de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta intercambia formación, coñecementos e experiencias cunha delegación de Estonia

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A Consellería do Medio Rural recibiu hoxe á delegación de bombeiros de Estonia, enmarcada na iniciativa do mecanismo europeo de protección civil, e a súa estancia estenderase ata o 31 de agosto

As instalacións do Centro Integral de Loita contra o Lume (CILL) de Toén será o epicentro desta visita e nel impartirase todo tipo de formación, tanto teórica como práctica e coñecerán de primeira man a maneira de traballar na nosa comunidade

A Consellería do Medio Rural recibiu hoxe á delegación de bombeiros de Estonia, enmarcada na iniciativa do mecanismo europeo de protección civil. A súa estancia estenderase ata o vindeiro 31 de agosto, e ten como obxectivo coñecer de primeira man os métodos, procedementos e ferramentas empregadas polo Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF) da Xunta.Así, incidindo nunha formación maioritariamente práctica, a delegación de Estonia participará nunha batería de actividades deseñada pola Dirección Xeral de Defensa do Monte para que, posteriormente, poidan aplicar os coñecementos adquiridos no seu país de orixe.As instalacións do Centro Integral de Loita contra o Lume (CILL) de Toén, situado no concello ourensán homónimo, será o epicentro desta visita e nel impartirase todo tipo de formación, tanto teórica como práctica. O CILL constitúese como un referente internacional para a cooperación e investigación en materia de incendios forestais situado neste municipio ourensán.As actividades comezarán mañá, cunha visita ao Centro de Coordinación Provincial de Ourense e ao Centro de Coordinación do Distrito Forestal XII Miño–A Arnoia. Pola tarde trasladaranse ata o CILL para asistir a unha xornada teórica, impartida polos brigadistas do SPIF, na que a delegación estonia coñecerá o dispositivo galego e recibirá nocións sobre o comportamento do lume, os modelos de combustible na nosa comunidade e nocións vencelladas coa seguridade e o uso de ferramentas, entre outras.O luns pola mañá desenvolverase unha preparación física guiada polo persoal do SPIF no CILL de Toén para, posteriormente, dar paso á xornada de tarde, centrada na extinción de lumes. As formacións do martes e o mércores serán prácticas e versarán sobre a condución de todoterreo, as manobras de autoprotección e os lumes de interface.Durante o xoves 22 desenvolverase unha xornada aberta de intercambio de experiencias de ambos dispositivos, onde os bombeiros de Estonia trasmitirán os seus procedementos na extinción de lumes. Este tipo de encontros, a nivel técnico e operativo, constitúense como experiencias altamente enriquecedoras para as entidades participantes, favorecendo a posta en común de coñecemento e experiencias entre o persoal de ambos dispositivos. Para rematar a semana realizarán unha visita a obras preventivas como cortalumes, puntos de auga, pistas e reténs de maquinaria pesada.Na semana do 26 ao 31 o equipo de Estonia poderá coñecer o modelo de xestión de montes da Xunta de Galicia, a base de helitransportada da Merca, a nova base transfronteiriza de Verín–Oímbra e o Centro de Investigación Forestal de Lourizán, no concello pontevedrés de Marín, onde se levan a cabo importantes investigacións no eido da recuperación do monte tras incendios forestais. A visita rematará o venres 30, cunha última xornada de intercambio de experiencias no CILL de Toén.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

18:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN