Xunta de Galicia

The Wild Fest regresa a Vigo co apoio da Xunta para tres xornadas de música, cinema e lecer na natureza

The Wild Fest regresa a Vigo co apoio da Xunta para tres xornadas de música, cinema e lecer na natureza

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

Incorpórase á listaxe das citas subvencionadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da convocatoria para festivais profesionais de música

O encontro aposta un ano máis por bandas galegas e emerxentes e programa o único evento galego dedicado en exclusiva ao cine medioambiental

The Wild Fest chega esta fin de semana á súa sexta edición, na que se afianza como un dos festivais máis singulares de Galicia e para a que conta co apoio económico da Xunta. Ademais dos concertos de 11 bandas, das que nove son galegas, o encontro proxectará unha vintena de curtas internacionais de temática medioambiental. Haberá, así mesmo, obradoiros, actividades para o público infantil e a habitual xincana de orientación polo monte, que esgota prazas cada ano.A Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo acolleu hoxe a presentación deste coidado evento de pequeno formato, que se desenvolve na contorna natural do parque forestal de San Miguel de Oia do venres 30 de agosto ao domingo 1 de setembro. Nela participou o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, quen explicou que en 2024 The Wild Fest se incorpora por vez primeira á listaxe das citas subvencionadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través das súas axudas anuais a festivais de música xestionados profesionalmente.Sutil fixo fincapé na aposta do encontro vigués polas bandas galegas e emerxentes, en liña cos obxectivos das devanditas subvencións, que se destinan en exclusiva á contratación artística de bandas e solistas de Galicia por parte dos festivais adxudicatarios. Esta medida é unha das novidades introducidas nas bases da convocatoria de 2024 co fin de favorecer a presenza da música galega en citas consideradas estratéxicas para o sector, que inciden de maneira destacada na visibilización e promoción da nosa escena musical e que contribúen ao desenvolvemento das industrias culturais a través da promoción dunha xestión máis profesional.O director de Industrias Culturais interveu nesta presentación xunto a Fernando González Abeijón, secretario territorial da Xunta en Vigo; Jorge Cubela, deputado de Cultura da Deputación Provincial de Pontevedra, e Juan de Castro, en representación da organización do festival, á que felicitou polo traballo que vén desenvolvendo á fronte deste evento como altofalante para o talento galego, así como polo seu foco na sustentabilidade, tanto ambiental como social.Lembrou, así mesmo, que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destina este ano máis de 320.000 euros a 11 festivais profesionais de música de diferentes estilos a través desta convocatoria de axudas e dos patrocinios da marca FEST Galicia. Estas dúas liñas da Axencia Galega das Industrias Culturais forman parte da estratexia da Xunta para impulsar citas destacadas do calendario galego de festivais, desenvolvéndose de xeito coordinado co apoio de Turismo de Galicia a diferentes encontros de música ao vivo.The Wild Fest revalida nesta sexta edición o seu compromiso coas bandas galegas, que suman nove das 11 propostas programadas: Dakidarría e Moura son o prato forte na noite do sábado 31, compartindo cartel con Julián Maeso e Moonshine Wagon, mentres que A Polémica Banda dos Bechuchos e Mad Martin Trío tocan nas sesións vermú do sábado e do domingo, respectivamente. Ademais, o venres celébrase a segunda edición do concurso Salvaxesons coa participación de Sanny, Law, The Kelly Kelly’s, Superglú e The Broke.O audiovisual é outro dos eixos destacados do festival con The Wild Cinema, único evento galego dedicado en exclusiva a fitas con temática medioambiental. Nesta edición proxéctanse 20 curtametraxes e unha longa repartidas en cinco sesións. Un dos filmes seleccionados é

, candidato a mellor documental nos premios Goya, así como outros títulos exhibidos en destacados certames internacionais deste ámbito como o Wild & Scenic Film Festival, BANFF, Bilbao Mendi Film Festival, FICMA, CineEcoSeia ou o Wilscreen.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

13:00H | 24 NOV 2024 | BOLETÍN