Xunta de Galicia

Un total de 77 alumnos de 11 centros ven premiadas as súas ideas de negocio no concurso 'Atrévete a ter unha idea'

Un total de 77 alumnos de 11 centros ven premiadas as súas ideas de negocio no concurso ‘Atrévete a ter unha idea’

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Enmarcado no Plan Eduemprende da Xunta, o programa inclúe visitas a asociacións de empresarios e centros de FP

Un total de 77 alumnos de 11 centros de Primaria e Secundaria foron premiados no certame

unha iniciativa da Xunta de Galicia que promove desde hai unha década o emprendemento entre os escolares.O concurso conta con catro modalidades de participación ?individual Educación Primaria, individual Educación Secundaria, grupal Educación Primaria e grupal Educación Secundaria? e son premiadas as tres mellores ideas de cada categoría. O alumnado galardoado recibe un dispositivo dixital ou unha experiencia multiaventura, segundo o premio sexa individual ou grupal, respectivamente.ModalidadeCentroConcelloIdea de negocioPremio individual Educación PrimariaCEIP Xesús San Luís RomeroCarballo

CEIP Vicente RiscoCualedro

CEIP Plurilingüe Pintor LaxeiroVigo

Premio grupal Educación PrimariaCEIP Plurilingüe A FragaAs Pontes de García Rodríguez

CEIP Plurilingüe de CarballedoCercedo–Cotobade

CEIP Plurilingüe de RiomaiorVilaboa

Premio individual Educación SecundariaIES Plurilingüe Castro da UzAs Pontes de García Rodríguez

CPR Plurilingüe LarMos

IES Alexandre BóvedaVigo

Premio grupal Educación SecundariaIES Eduardo PondalSantiago de Compostela

IES LeliadouraRibeira

CPR Plurilingüe LarMos

Os proxectos premiados na modalidade individual de Primaria foron desde unha empresa de aluguer de bicicletas eléctricas desenvolvida polo colexio CEIP Xesús San Luís Romero, ata unha máquina que corta e coloca a leña, pensada no CEIP Vicente Risco, pasando por un coche que funciona con enerxía eólica e que foi ideado por un alumno do CEIP Pintor Laxeiro.Na categoría grupal de Primaria, as ideas que mereceron recoñecemento foron un hotel no que a clientela pode cultivar as súas propias hortalizas, proposto polo CEIP Plurilingüe de Carballedo; unha cesta que calcula o prezo dos produtos que se queren adquirir antes de chegar á caixa, ideado polo alumnado do CEIP Plurilingüe de Riomaior, e un proxecto co que reaproveitar as instalacións da antiga central térmica de As Pontes, deseñado no CEIP Plurilingüe A Fraga.O alumnado premiado en individual de Secundaria propuxo ideas como un espazo artístico multidisciplinar, desde o IES Plurilingüe Castro da Uz; unha empresa de pendentes personalizables, creada no CPR Plurilingüe Lar; e un servizo de limpeza integral de zapatillas, nacido no IES Alexandre Bóveda.Finalmente, na modalidade grupal de Secundaria, foron premiados o IES Eduardo Pondal, cunhas gafas que se adaptan ás necesidades do usuario e que ademais permiten cargar outros dispositivos grazas á enerxía solar. Tamén recibiron recoñecemento as ideas do IES Leliadoura, que presentou unha axencia de viaxes personalizadas e especializada no Barbanza; e a do CPR Plurilingüe Lar, que propón unha máquina expendedora que permite facer a compra a persoas con mobilidade reducida.Enmarcado no Plan Eduemprende, o concurso ten entre os seus obxectivos promover as competencias persoais e sociais, relacionadas co emprendemento, que fomenten un espírito crítico, proactivo e colaborativo entre o alumnado; así como dar a coñecer aos estudantes o tecido industrial.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

17:00H | 25 NOV 2024 | BOLETÍN